LUGO, 17 de xuño de 2017.- Veterinarios e gandeiros de Lugo liderarán a creación dun plan pioneiro a nivel nacional para reducir o uso de antibióticos nas explotacións lácteas, e diminuír así, a resistencia das bacterias a estes fármacos. Esta é a principal conclusión que xurde da xornada informativa sobre este problema sanitario, desenvolvida esta mañá, no Hotel Torre de Núñez, e na que participaron, ademais de especialistas na materia como a veterinaria, Ana López Pombo; e Cristina Muñoz, membro da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios e presidenta do grupo de traballo de eficacia da Axencia Europea do Medicamento (EWP), a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e a presidenta provincial, Elena Candia.
Deste xeito, establecerase un calendario e un grupo de traballo, que estará coordinado e controlado pola Axencia que dirixe Muñoz, en colaboración coa consellellería de Medio Rural, que é a administración con competencias na materia, ao que poderán adherirse voluntariamente os gandeiros lucenses que o desexen, así como os de todo o Estado. Este plan será totalmente gratuito para os produtores, aos cales se lles propocionará unha serie de pautas para reducir o subministro destes fármacos nas súas granxas, mellorando así a salubridade das mesmas.
“A Axencia non nos vai poñer condicións e só temos que dicir: imos a cumprir isto, e que a sociedade saiba que o sector vacún de Lugo traballa como os mellores”, pois, a modo de exemplo, indicou Pombo, “o índice de tuberculose da provincia é o menor de España”. “Por iso, plantexamos isto ao sector lácteo porque é o máis importante de todo España e, ademais, dispón dos índices de saneamento máis baixos de todo o territorio estatal”, precisou.
En que consiste o plan?
Elaborarase un grupo de traballo donde estarán veterinarios clínicos, un grupo de calidade de leite que quedará como consultor e varias explotacións gandeiras; algunas xa se adheriron durante o encontro. Deste xeito, os produtores que se sumen proporcionaráselles unha placa nas súas granxas, que será o distintivo que indicará que as granxas forman parte deste proxecto, “y que será un valor añadido para esta provincia”, tal e como subliñou Cristina Muñoz.
Deste xeito, e baixo o obxectivo de que “este es un problema que tenemos que solucionar”, o que aconsellou Muñoz “es limpiar nuestra casa y poder salir a Europa, diciendo que lo estamos haciendo bien”. Trátase, por tanto, de reducir o uso deste fármacos, que en España se cifra, indicou, nas 4.000 toneladas netas, das que o 70% se administran en formato premezcla, situándonos así por diante incluso doutros países, como pode ser Alemaña.
A este respecto, Cristina Muñoz precisou que “la leche y la carne no llevan antibióticos nunca. Es imposible con los controles de la cadena alimentaria. Pero los ganaderos lucenses, con este plan, se están haciendo eco de un problema que hay en la salud pública, poniendo su grano de arena para reducir el uso de estos productos sanitarios”.
Felicitacións a Lugo por ser pioneiros
Pola súa banda, a conselleira felicitou aos impulsores “porque sodes os primeiros no avance da Galicia rural que lle dá nome ao resto de España”, ao tempo que amosou publicamente o compromiso do Goberno galego con este plan, que, sinalou, “sae de Lugo e dos profesionais e dos gandeiros”. “Debedes de seguir de liderando, porque isto é falar de futuro, de saúde e tamén de economía”, destacou Ángeles Vázquez.
“Estamos dando un salto cualitativo na elaboración deste símbolo de calidade”, pois o departamento autonómico xa forma parte do denominado PRAM, no que a subdirección xeral de gandeiría realiza un traballo meticuloso, ao que hai que engadir, ademais, o esforzo inversor que se está a levar a cabo en sanidade animal, e que ascende a 14 millóns de euros. “Somos a primeira rexión indemnes en brucelose ovina e caprina. En xaneiro solicitamos a bovina e así paulatinamente. Incrementouse o 7% o orzamento do control leiteiro. Por tanto, este plan tamén nos premitirá acadar a calidade, que será a carta de presentación da excelencia dos nosos produto”, defendeu a titular de Medio Rural.
Antecedentes e bos resultados noutros sectores
Dende que se descubriu o primeiro antibiótico (a penicilina), as bacterias non deixaron de desenvolver mecanismos de resistencia fronte a todos eles e, a día de hoxe, é tal o grao de mecanismos de resistencia que teñen que pronto poderemos voltar á época preantibiótica. Con esta xornada e, concretamente, con este plan, o que se pretende é unha dobre concienciación: facer un uso racional e prudente dos antibióticos e preservar a saúde animal, o que repercutirá positivamente na sanidade humana.
“O que queremos é que o gandeiro de Lugo vaia por diante”, remarcou. E é que existen outras explotacións en España, vinculadas por exemplo ao porcino ou ao cunícula, nas que coas boas prácticas aplicadas, conseguiron reducir o subministro de antibióticos nun 50%, segundo o estudo presentado pola presidenta do grupo de traballo da EWP.
Cumprimento da OMS e ampliación ao sector da carne
Alertados polos expertos, preténdese con este plan proporcionar solucións aos gandeiros lucenses, pois son os máis afectados, xa que máis do 40% da producción láctea de Galicia. Con todo, o sector da carne tamén se beneficiará desta iniciativa, pois, despois do verán, este plan tamén se ampliará a estes produtores. De feito, ao foro tamén asistíu o presidente de ACRUGA, César Dorado.
Asemade, con este proxecto dase cumprimento aos parámetros da Organización Mundial da Saúde (OMS), que establecen, entre outras cuestións, que esta é unha función de obrigado cumprimento por parte das administración públicas.
Trátase, por tanto, segundo subraiaron, “de adiantarnos a un problema que afecta a toda a poboación en xeral. De feito, será, no futuro, a principal causa de morte, pois as enfermidades quen se están tratando de forma sinxela, deixarán de selo debido a que estes medicamentos cada vez son menos efectivos e eficaces”. Tal é así que, en 2016, a nivel mundial faleceron 700.000 persoas por este motivo, das que 25.000 eran europeas. Con estas cifras, segundo se puxo de relevo no encontro, esta será a principal causa de morte en 2050, por diante do cancro ou a cólera.
A xornada, constituíu así, unha oportunidade extraordinaria para demostrar que o sector do leite de Lugo é pioneiro en todo o Estado no que a sanidade animal se refire, e para traballar xuntos na procura de buscar unha mellor optimización dos recursos que teñen tanto os gandeiros, como os veterinarios e a industria farmacéutica, así como para bucar unha maior rendibilidade do sector.
No encontro, ademais dos especialistas, da conselleira de Medio Rural e da presidenta provincial, Elena Candia, participaron gandeiros da provincia, veterinarios e cooperativas agrogandeiras.























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



