Burela 23-6-17. A primeira fin de semana, nas datas do 4, 5 e 6 de Agosto terá lugar en Burela a XVI edición de Produart, feira dos produtos artesanais e ecolóxicos, que abrirá a súas portas a partires das 17.30 horas do venres 4 de Agosto, con carácter totalmente gratuito para @s visitantes . Coma sempre PRODUART 17, coincidirá coa celebración da Festa Degustación do Bonito do Norte , organizada pola A.C. Ledicia, coa que todos estes anos estamos a colaborar e que terá lugar o sábado día 5 na explanada portuaria da nosa localidade.
Produart 17 informa a tódalas empresas de produtos artesanais e ecolóxicos, que nestes momentos, estamos nos días da campaña comercial de participación e captación de expositores/as. Calqueira empresa relacionada cos sectores artesanais ou ecolóxicos, poden poñerse encontacto conosco nos tlfnos da Fundación o via mail a:
Tlfno: 982 586232 movil: 610 574188. mail : xerencia@expomar.com ou ben a expomar@expomar.com
Produart 17 comezará esta edición cun programa de actividades paralelas á propia exposición comercial que se desenvolverá no recinto feiral durante as datas de realización da feira. : Conferencias , Videoforum , Exposicións, Talleres para nen@s durante toda a duración da feira, Demostracións en vivo, Degustacións , Videoactiv@, etc… tódalas actividades paralelas, acompañarán nestas datas á exposición comercial dos produtos artesáns e ecolóxicos representados.
A Organización está nestes momentos construindo o programa de actividades paralelas das que daremos a información necesaria.




















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



