A Asociación de axuda ó enfermo mental “A Mariña” integrada na Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (Saúde Mental Feafes Galicia) está a participar nunha xornada relaxante no Spa Attica 21 de Vilalba , unha actividade na que partipan 22 persoas con enfermidade mental, dos diversos Centros de “A Mariña” acompañados de 4 técnicos.
Ás 11 da mañá chegaban ás instalacións do spa , con un planing de actividades moi interesante. Concretamente, disfrutaron da piscina dinámica do Spa e zona de jacuzzis, ademáis do circuito termal de contrastes, con saunas, duchas bitérmicas, zona de escarcha, pediluvio, ….
Despois disfrutaron todo o grupo dunha comida de confraternización nun entorno inmellorable como é Vilalba, visitando pola tarde o casco histórico e zonas de tanto valor cultural e arquitectónico como a Torre do Homenaxe do Castelo dos Andrade ou a Igrexa Parroquial de Santa María.
Con estas actividades perseguese favorecer as habilidades sociais, a integración na comunicade e desenvolvemento de actitudes fundamentais como a empatía, o respeto e o compañerismo , ao mesmo tempo que se ofrece un espazo de esparcemento e relaxación para os nosos usuarios.
Esta actividade , xunto con outras enmarcadas dentro dos programas de ocio terapéutico e de calidade , repercute moi positivamente na mellora terapéutica de todos os participantes , aumentando a súa calidade de vida, e fomentando relacións de amizade .
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



