O Vicedo 21-7-17. A organización da Romaxe Viquinga xa ten pechado o programa de actividades dunha celebración que, na súa segunda edición, levará O Vicedo ata o seu pasado viquingo. Durante dous días, o venres 28 de xullo no propio Vicedo e o sábado 29 de xullo na praia de Area Grande en San Román, desenvolverase un programa pensado para todos os públicos e con actividades para gozar en familia.
A continuación, ampliamos a información do programa adxunto.
Programación do venres 28 de xullo
A II Romaxe Viquinga dará comezo co pregón de Ernesto Sánchez Pombo, ás 19:30h na Casa da Cultura de O Vicedo. Coñecedor do municipio, da súa beleza e tranquilidade, pois está afincado actualmente en O Vicedo, o xornalista comezou a súa carreira no xornal El Progreso de Lugo, sendo xefe de redacción e director-adxunto. Durante doce anos foi correspondente de El País, colaborando tamén con medios como Radio Lugo – Cadena Ser. Xa en 1994 incorporouse ao Grupo Voz como delegado provincial en Lugo. Foi director e presentador do programa de Radio Voz “Camiño de Volta”, a única tertulia de actualidade política da radio galega. En 1999 foi nomeado director de La Voz de Galicia e foi director de Proxectos Editoriais do Grupo Voz.
Ás 19:45h do venres terá lugar na Casa da Cultura a charla do arqueólogo Iñaki Sagredo. Baixo o título de “Resultados da investigación arqueolóxica e histórica en Os Moutillós (2014-2017)”. Os Moutillós, situado no alto dun acantilado sobre a praia de San Román, é un xacemento de tipo defensivo que protexía o embarcadoiro natural do oeste do areal de Area Grande. O director do proxecto que estuda este xacemento falará dos resultados conseguidos durante estes anos. Nos Moutillós atopáronse, entre outros restos, cachos de cerámica e tellas de orixe medieval. Tamén se sabe que o asentamento tivo ocupación humana desde a Idade de Ferro ata a época romana.
Ademais, Sagredo facilitará novos datos obtidos no terceiro ciclo de prospeccións que o seu equipo está realizando as semanas previas á II Romaxe Viquinga. Nas dúas últimas semanas tiveron lugar novas escavacións na área de dunas en San Román e durante a semana do 25 de xullo a investigación trasládase á illa Coelleira, onde unha prospección anterior nos permitiría encadrar os restos achados na época viquinga.
A partir das 20:30h os asistentes poden percorrer a Ruta de Tapas polos locais de hostelería do Vicedo. Haberá ambientación viquinga e música polas rúas.
Programación do sábado 29 de xullo
Ás 12:30h terá lugar o desembarco viquingo na praia de Area Grande en San Román. A continuación, ás 12:45h, comezará o espectáculo matinal con Queiman e Pousa para escenificar a loita entre viquingos e veciños do Vicedo. A recreación da batalla conta coa colaboración dos cabaleiros do Vicedo e outros voluntarios caracterizados para a ocasión, así como as asociacións Hijos del Lobo, Ulf Klan e Gesta Regnorum.
A partir das 17:00h, no campamento, terán lugar diferentes actividades para todas as idades, a cargo de Hijos del Lobo e Gesta Regnorum. Haberá obradoiro de cota de malla e nalbinding para adultos; obradoiros de teas viquingas e de ceras naturais para fabricar candeas para os máis pequenos; e xogos tradicionais e pintacaras para todas as idades. As inscricións para participar faranse ese mesmo día na Oficina de Información do Campamento (adxuntamos mapa). Ademais, a programación de tarde complétase coa charla “Vestir ao guerreiro viquingo” (19:00h) e a exhibición de combates viquingos (20:00h).
A II Romaxe Viquinga contará cun fin de festa de luxo. O sábado 29 de xullo ás 22:30h, no escenario na entrada principal da praia, terá lugar o espectáculo de Milson’s, unha orixinal proposta sonora e visual que non deixará indiferente a ninguén. O grupo neofolk, avalado pola traxectoria dos seus músicos -que tocaron en recoñecidos festivais como o de Lorient ou Ortigueira-, mestura o legado tradicional como as cantigas mariñeiras e os contos de taberna con ritmos e melodías actuais.
Servizo de autobuses
O sábado 29 de xullo haberá un servizo de autobuses para chegar ata a praia de San Román, desde O Barqueiro, O Vicedo, Folgueiro e Viveiro. Haberá diferentes horarios para facilitar a chegada á Romaxe Viquinga e outras dúas opcións para cando acabe a festa pola noite. O prezo é de 1 euro por traxecto.
Nesta edición tamén haberá dúas zonas de mercado viquingo onde os asistentes poderán artesanía, así como comida e bebida.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



