Cervo, 1 de xullo de 2017.- A bandeira azul ondea dende este mediodía na praia do Torno, en San Cibrao.
A insignia foi izada este mediodía nun acto no que participou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Medio Ambiente, Manuela Méndez, o de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, e outros membros do equipo de Goberno.
Ademais, dende hoxe esta praia tamén loce a bandeira Ecoplayas por segundo ano consecutivo, sendo a única da provincia de Lugo e unha das seis de toda Galicia, que conta con este distintivo outorgado pola boa xestión ambiental; ademais da bandeira de praia sen fume.
Por outra banda, dende hoxe e durante dous meses e medio, seis socorristas velarán pola seguridade dos usuarios neste areal; “que financiaremos con fondos propios quince días de setembro”.
Ademais, o “Sendero Azul” do Torno tamén contará con esta insignia, por segundo ano consecutivo. Un carreiro natural cun percorrido de 2,36 quilómetros, que bordea o areal que leva o mesmo nome “e que é un reclamo de primeira orde tamén para o noso Concello”.
O rexedor sinalou que a bandeira azul, outorgada pola calidade das augas e os servizos que ofrece un areal, é unha boa nova para Cervo “o que nos conduce a pensar que as cousas se están a facer con criterio dende a área de medio ambiente, xa que cumprimos cuns requisitos loxicamente cada vez máis esixentes á hora de obter un distintivo que é un impulso e un incentivo máis para seguir a traballar baseándonos no compromiso coa contorna e promovendo tamén hábitos responsables para manter as nosas praias na mellor das condicións”.
O rexedor destacou, así mesmo, que un dos obxectivos deste equipo de Goberno é converter Cervo nun referente en materia ambiental, e o camiño que imos percorrendo cremos que pode ser o axeitado.
Sinalou que aínda que O Torno é a praia que ten bandeira azul, todos os areais do Concello contan cuns servizos axeitados a disposición dos usuarios, e cunha calidade óptima para o baño, en concreto as augas da Caosa, xunto co Torno, teñen unha calificación de excelente.
Ademais dos requisitos imprescindibles para obter a bandeira azul, pretendemos que os veciños e visitantes podar ter información de toda a nosa contorna natural, e para elo tamén temos instalados diversos paneis informativos, adaptados aos tempos “xa que a través dos códigos QR, as persoas interesadas poden acceder, por exemplo, a toda a documentación almacenada no propio blog do “Sendero Azul”, ou informarse tamén a través das diferentes plataformas dixitais que temos en funcionamento, como a propia páxina web do Concello (www.concellodecervo.com) e as distintas redes sociais.




















No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.



