Viveiro, 14 de xullo de 2017.- Os encontros de traballo do proxecto turístico de cooperación
interterritorial “Galicia Norte. Mares de Experiencias” continúan, e finalizan a próxima semana, con outras dúas mesas de traballo en Miño e en Ortigueira ás que acudirán representantes da administración, do tecido asociativo e empresarial dos concellos participantes nesta iniciativa.
Calendario de mesas de traballo:
• Martes, 18 de xullo ás 10.30h, na Casa do Pescador – Miño.
• Mércores, 19 de xullo ás 10.30h, Centro de San Roque – Ortigueira.
O obxectivo destes encontros é que sexan os propios axentes implicados quen decidan que atractivos naturais e culturais relacionados co mar se incluirán nos 10 paquetes experienciais que resultarán deste proxecto de turismo mariñeiro financiado con fondos europeos. O pasado mércores 12 tivo lugar a primeira mesa de traballo en Viveiro cunha alta participación.
A cuarta parte do litoral galego
“Galicia Norte. Mares de Experiencias” é un proxecto de cooperación interterritorial de turismo mariñeiro impulsado polos GALP (Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro) A Mariña-Ortegal e Golfo Ártabro Norte, nos 23 concellos da Coruña e de Lugo que conforman a súa área de actuación.
Tras catro intensos meses de traballo, esta iniciativa colaborativa terá como resultado a creación de 10 experiencias turísticas (5 por cada GALP) ao longo duns 384 kilómetros de costa da Galicia máis septentrional, a cuarta parte do litoral galego. Tamén se formará á poboación para dinamizar a creación de novos produtos e servizos relacionados co mar e co turismo mariñeiro para impulsar o relevo xeracional no sector da pesca, sobre todo entre a poboación feminina e desempregados en xeral, e fixar poboación nova na zona.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



