Lugo 1 de xullo de 2017. A Fundación TIC intensifica a súa colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela no desenvolvemento do V Campus de Verán Xuvenciencia, do 2 ao 8 de xullo. A iniciativa conta coa participación de 130 alumnos de 4º da ESO e BAC en máis dun centenar de actividades. Entre elas, un obradoiro sobre contidos audiovisuais para Youtube, que impartirá un o docente da Escola de Imaxe e Son na EIS. Ademais, un equipo de profesionais e bolseiros da TIC ofrecerá apoio técnico e asesoramento ao alumnado para realizar os vídeos de presentación dos seus proxectos finais. A achega da Fundación TIC complementarase con reportaxes e un vídeo coa recompilación dos momentos máis salientables de Xuvenciencia, que se proxectará o día da clausura.
Ciencia e Tecnoloxía
O programa estival do Campus Terra tenta dar a coñecer á xuventude preuniversitaria a Ciencia e a Tecnoloxía dun xeito práctico, fomentar o seu interese polas titulacións neste eido e amosar os itinerarios formativos das seis Facultades e Escolas da USC en Lugo. A eles súmanse os ciclos de Formación Profesional que é posible estudar en Lugo, incluídos os Superiores de Realización e Produción que se imparten na EIS.
O doutor en Física Cibrán Santamarina, profesor da USC e colaborador do CERN, abrirá o V Campus de Verán cunha charla titulada “Elemental, querido Schrödinger”. O proxecto de divulgación científica conta co aval de 146 docentes aos que se suma persoal de apoio. Como en anos anteriores, Xuvenciencia presenta un módulo para veteranos, e conta con servizo de aloxamento para que os alumnos podan participar nas actividades lúdicas programadas pola asociación deportiva e cultural Lumieira Lugo.
A TIC coa USC
A Fundación TIC mantén unha estreita colaboración coa USC para impulsar o Campus Terra, con varias actuacións como a difusión da campaña “Para Estudar Lugo”, que impulsa a Deputación. Entre outras achegas divulgativas, cabe destacar a do curso de verán “O impacto da prensa local na configuración do tecido social e político. O caso de Ortigueira”, celebrado na Facultade de Humanidades e a visita didáctica realizada, este curso, polos alumnos do IV Ciclo ás instalacións da TIC.




















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



