Mondoñedo (Lugo), 8 de xullo de 2017.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia López, veñen de asinar un convenio para realizar unha actuación arqueolóxica coa que documentar e delimitar o xacemento de Os Castros. A Xunta de Galicia achegará 25.000 euros para a realización da mesma. En concreto, a intervención consistirá na realización dunha serie de sondaxes arqueolóxicas valorativas, distribuídas polos diferentes predios que conforman a zona e actuacións de difusión da intervención realizada.
A finalidade é coñecer mellor e delimitar dun xeito máis preciso o xacemento arqueolóxico que permita aportar a información necesaria para axustar definitivamente á súa área de protección, e tamén, en función dos resultados obtidos, favorecer a súa futura posta en valor.
O lugar coñecido como “Os Castros”, na parroquia da Nosa Señora dos Remedios do concello lucense de Mondoñedo, localízase nun pequeno outeiro entre os ríos Cesuras e Valiñadares, ao noroeste do núcleo urbano de Mondoñedo, desde onde se divisa practicamente toda a vila e cuxos terreos están dedicados na actualidade a hortas, praderías e parcelas con arboredo e maleza.
Este lugar, identificado como castro da Idade do Ferro no inventario de xacementos arqueolóxicos depositado na Consellería de Cultura, atópase incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia, dado que forma parte do catálogo de bens culturais do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do concello de Mondoñedo.
A historia das investigacións sobre este lugar redúcense á inclusión do mesmo en diversos catálogos xa desde o século XIX, non habendo constancia de que se teñan levado a cabo ningún tipo de intervención arqueolóxica nel. As súas características topográficas, nun outeiro que presenta varios socalcos e desde o cal se ten un control visual de todo o val de Mondoñedo, con intervisibilidade con outros castros da contorna, fai que sexa, a priori unha localización factible para un castro da Idade do Ferro.






















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



