CERVO, 2 de xullo de 2017.- Alfonso Villares proclamouse este domingo presidente da Xunta Directiva Loca de Cervo. Así o acordaron os afiliados desta agrupación no congreso, presidido pola dirixente provincial, Elena Candia, quen estivo acompañada do secretario xeral, Carlos Armesto, e do coordinador do Partido en A Mariña, José Manuel Balseiro.
O novo responsable substitúe a José Insua Pernas e recoñece que asume o cargo “cunha tremenda satisfacción e compromiso de que o meu Partido siga medrando en Cervo”. “Creo que temos unha base forte, que foi a que nos deu a alcaldía e, nesta senda, é na que temos que seguir camiñando para fortalecernos aínda máis se cabe”, apuntou Villares.
Deste xeito, asegurou, diante dos militantes e simpatizantes que participaron na xuntanza, que o seu reto e deseñar un grupo de traballo e un proxecto tamén a nivel de Partido “que nos permita conseguir o que acabo de dicir anteriormente”. Villares agradeceu así, a confianza depositada na súa persoa para dirixir o Partido e fixo un recoñecemento expreso tanto aos asistentes, como á dirección provincial, ao coordinador nesta comarca e ao seu antecesor no cargo, do que dixo, “recollo o seu esforzo para darlle continuade e seguir traballando por este Partido”.
Candidatura ao completo
Alfonso Villares lidera así a candidatura que está formada polos seguintes membros: presidente: o elixido; vicepresidente: José Insua Pernas; secretaria: Pilar Armada Carrete; vicesecretaria: Elisabet Peña Fernández; coordinador sectorial de Pesca: Alfredo Antonio Fernández Casas; coordinador sectorial de Educación: Dolores García Paramés; coordinador sectorial do Sector Primario: Plácido Pérez Otero; coordinador sectorial de Novas Tecnoloxías; José García Insua; coordinador sectorial de Medio Ambiente: José Ramón Soto Martínez; coordinador sectorial de Xuventude: Marcos González Villares; e vogais: Silverio Ferreira Otero, Manuel Piñeiro Díaz, Ramón Rivas Villares, Ángel Fernández Vequez, Jaime Barreal Vázquez, Leornardo Martínez Suárez, José Luis López Fernández, Nito Fernández Dopico, Francisco Pinín Rodríguez, Roberto Santos Gutiérrez, Ramón Elemparte González e Laureano Pérez Balseiro.
Persoa de Partido
O novo dirixente é veterinario de profesión. É concelleiro do PPdeG neste municipio dende 1.995. Dende 1.999 forma parte do equipo de goberno deste Concello. Nas eleccións de 2007 encabezou a candidatura á alcaldía e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nos comicios de 2011 e 2015 revalidou o cargo de rexedor nas mesmas condicións. Asemade, dende 2011 tamén é vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).
Con este perfil, a dirección provincial, que encabeza Elena Candia, non dubidou en recoñecer que Villares “ten o perfil axeitado para para asumir o cargo”, a quen lle agradeceu “o forte compromiso, dedicación e traballo pola nosa formación”. Neste senso, a presidenta tamén tivo palabras de agradecemento para o antecesor do novo dirixente local. “Quero darlle as grazas persoalmente, así como en nome do PP da provincia. Persoas coma el sempre son necesarias no noso Partido”, destacou.
Na mesma liña, Carlos Armesto e José Manuel Balseiro trasladaron ao elixido o apoio do órgano provincial de coordinación comarcal “para volver revalidar en 2019 a maioría absoluta neste Concello”, indicaron.
Reforzando o Partido na provincia
Ademais do de Cervo, e enmarcados no compromiso do PP de Lugo de seguir reforzando o Partido por toda a provincia, a dirección provincial proseguirá próximamente coa renovación das agrupacións locais. Previamente xa o fixo en Ourol, Xermade, Cervantes, A Pastoriza e Lugo, que desempeñan Carlos Ríos, Antonio Rodríguez, Javier Santín, Luis Cabado e Ramón Carballo, respectivamente.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



