Viveiro (Lugo), 8 de xullo de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, trasladouse ata a localidade de Viveiro para supervisar o funcionamento do operativo posto en marcha pola Axencia Galega de Emerxencias (Axega) dependente da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, co ocasión do Resurrection Fest, unha das citas máis multitudinarias da comarca.
O operativo principal está composto polos vehículos que integran o Posto de Mando Avanzado, un dos recursos propios da Axega, entre eles un camión articulado –valorado en máis dun millón de euros- que permite trasladar ao lugar da incidencia unha sala de operacións, coordinación e xestión de recursos. Está dotado coa última tecnoloxía, o que garante as comunicacións aínda nas condicións máis adversas.
O camión de tipoloxía 6×6 mide 10 metros de largo, 4 metros de altura e 5 de ancho -na súa modalidade despregada- e dispón unha escaleira de acceso. Entre o seu equipamento figura emisoras de diferentes bandas de frecuencia, entre elas, banda mariña, aérea, baixa, HF, e satélite, integradas no sistema de comunicación TETRA.
O operativo é autónomo de calquera fonte eléctrica grazas aos dous xeradores cunha autonomía individual de 150 horas de funcionamento cada un deles. A alimentación de combustible realízase a través do depósito do camión cunha capacidade de 300 litros.
Balseiro puxo en valor que a Xunta de Galicia quixo colaborar coa organización do festival, co Concello de Viveiro e a agrupación de Protección Civil, para ofrecer unha resposta especializada ante emerxencias e situacións de risco e, en todo caso, para garantir a seguridade de todos os asistentes.
O delegado territorial interesouse tamén polo desenvolvemento do operativo e recibiu información de primeira mán dos efectivos de Emerxencias e Protección Civil, Policia Nacional e Local e da Garda Civil. Ao longo da xornada contabilizáronse 148 incidencias de diversa consideración, a única de gravidade, unha rotura de tibia. Todas foron coordinadas desde o posto de mando desprazado pola Xunta. A cifra é moi baixa se temos en conta que no principal dia de actuacións achegáronse máis de 20.000 persoas. Balseiro felicitou aos integrantes do operativo de seguridade polo seu traballo e demostrada profesionalidade.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



