O peche en falso da ditadura franquista por mór da transición dos anos 70 determinou que non se repararan os roubos do franquismo á cidadanía, mesmo que millóns de persoas descoñezan a existenci
Nos primeiros meses posteriores á rebelión facciosa de 1936 incautáronse na Galicia bens e grandes sumas de diñeiro de persoas e familias non afectas ao golpe de Estado. A primeiros de 1937 o réxime franquista institucionalizou estes desapoderamentos ilegais. O sistema evoluiu até o desapoderamento deseñado polas Leis de Responsabilidades Políticas) e de Represión da Masonería e do Comunismo.
Moitos galegos foron desposuídos dos seus bens e diñeiro de xeito ilegal e aínda non foron reparados. Velaí o caso do secretario do Concello d’A Coruña, Joaquín Martín (republicano centrista) condenado á morte e executado o 31 de agosto de 1936. A responsabilidade civil derivada da condena ascendeu a un millón de pesetas da época. A súa viuva, filla do esgrevio coruñés Médico Rodríguez, aínda pregaba lastimeiramente da ditadura no 1954 que lle levantasen o embargamento sobre os bens herdados do seu home. Outros casos salientábeis foron os do deputado republicano Miñones Bernárdez (principal accionista da Electra Popular, logo adquirida de saldo pola Fenosa de D.Pedro Barrié) ou do secretario de Relacións Internacionais do Partido Galeguista Plácido Castro.
No resto do Estado o despoxo incrementouse coa anulación do valor de todo o papel moeda emitido polo Goberno da República española posterior ao 1936, o que supuxo a incautación de inxentes cantidades de diñeiro emitido contra das reservas de ouro da República.
Dende 1987 aplicouse unha lexislación orientada á devolución dos bens incautados ás organizacións sindicais e políticas, da que se beneficiou nomeadamente a UGT e da que sairon perdendo a CNT, o Partido Galeguista e o PNV, que nunca recuperou a súa sede parisiên onde hoxendía se atopa o Instituto Cervantes. Mais nunca nada se acordou para as familias e empresas desposuídas, como si se fixo na Alemania postnazista e na Italia postfascista.
Velaí a xustiza da proposición non de lei que veñen de presentar varios partidos no Congreso para que sexan reparados os roubos do franquismo ás persoas e entidades privadas. Porque compre, si, que pasemos páxina. Mais non sen lela antes.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



