Lugo, 3 de xullo de 2017. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participou este martes na inauguración do curso de verán A xestión dos recursos humanos nas organizacións deportivas, que organiza a USC en Lugo coa única axuda do Goberno da Deputación. Faino a través de do Plan de Choque, que conta con 350.000 euros para o desenvolvemento de ducias de iniciativas ao longo deste ano coas que promover o Campus Terra.
Ao acto de hoxe, tamén asistiu José Manuel Balseiro, delegado territorial en Lugo da Xunta de Galicia, administración que non colabora con esta iniciativa; Luís Lamas Novo, Subdirector da Escola Universitaria de Relacións Laborais; e Teresa Hermo López, director deste curso de verán e docente de mencionado centro universitario lucense.
O curso está incluído na programación da Universidade de Verán da USC que se desenvolverá dende hoxe ata o 7 de xullo na Escola Universitaria de Relacións Laborais do Campus Terra da USC. Estruturado en 25 horas lectivas e aberto á participación de todas as persoas interesadas pola temática, este programa estival de formación e divulgación científica, está dirixido por María Teresa Hermo López.
Os obxectivos deste programa incluído na Universidade de Verán 2017 da USC pasan por ofrecer aos participantes coñecementos relacionados coas organizacións e equipos deportivos no entorno dos Recursos Humanos e as Relación Laborais. Ao longo dos diferentes relatorios programados analizaranse as bases conceptuais sobre grupos e equipos, comunicación, xestión e a temática xurídica e laboral na que se desenvolven.
O programa deste seminario estival da USC inclúe asemade a visita ás instalacións deportivas do CB Breogán e do CB Estudiantes Lugo, ao tempo que tamén está prevsita a celebración de relatorios sobre motivación e liderado nas organizacións deportivas, así como outras sesións de carácter práctico.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
