Teñen lugar os mércores de sete a oito da tarde ata o vindeiro 16 de agosto. Onte tivo lugar o segundo obradoiro do que os rapaces e rapazas gozaron moito. Lucía Vila, artista mariñá e profesora de educación plástica, está moi contenta co resultado desta experiencia na súa segunda edición: “xa temos todas as prazas cubertas ata o remate dos laboratorios a mediados de agosto. Estou moi contenta. É todo un éxito”.
Os nenos e nenas asistentes coñecen con esta actividade o Eido Dourado e os seus xardíns así como a obra pictórica do seu promotor. Lucía Vila explica que “queremos que exploren, investiguen e interacciones coa contorna que nos rodea”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



