Alfoz, 30 de xullo de 2017. Este domingo 30 de xullo inaugurouse no Castelo do Castrodouro a exposición de pintura de da pintora menorquina Pilar Perdices “Paisajes de la memoria”, colección de pinturas inédita realizada en exclusiva para esta exposición, e que permanecerá na planta primeira da torre ata o 31 de agosto. Pilar Perdices foi presentada polo responsable da Área de Cultura e Turismo do Concello de Alfoz, Xabier Pardiñas, quen destacou a “exclusividade da obra exposta”, feito que lle confire “un gran prestixio a esta sala de exposicións” do Castelo de Castrodouro. Xunto a eles participaron familiares, amigos e amantes da pintura que puideron departir coa artista.
Pilar Perdices, natural de Mahón (Baleares), e licenciada en Belas Artes e Catedrática numeraria de bacharelato na especialidade de debuxo. A súa primeira exposición individual foi no ano 1967, e desde entón expuxo en diferentes lugares de Barcelona, como a Praza da Catedral, o Museu de Vilassar de Mar, Centre Cultural Torre Vella de Salou, Fundació cultural Caixa Terrassa, e un longo etcétera, así como en Madrid, e na súa terra natal tanto en Menorca como en Palma de Mallorca. A exposición inaugurada este mediodía é a primeira que Pilar Perdices fai en Galicia, terra da que se namorou desde que visitou Alfoz. No currículo da artista destacan diferentes galardóns, destacando o premio de debuxo Ynglada-Guillot na súa XLIII Edición. Tamén participou na feria Arco de Madrid en 1986 coa Galería Tertre de Mataró.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



