Alfoz, 30 de xullo de 2017. Durante a xornada deste domingo 30 de xullo celebrouse en Alfoz a segunda edición do Maratón de Pintura ao Aire Libre no que participaron pintores de todas as idades dentro de dúas categorías, unha infantil ata 16 anos e outra sénior. A técnica e as medidas dos traballos foron libres, non así a temática que obrigatoriamente tiña que ser referida ao concello de Alfoz, podendo reproducir calquera motivo, monumento ou paisaxe do termo municipal.
Na categoría sénior o vencedor foi o leonés Juán Ramón Alves Fernández, quen representou en acuarela unha paisaxe do entorno do Castelo do Castrodouro, cun premio consistente nun bono de compra doado pola tenda O Lar do Pintor de Burela, así como un diploma acreditativo e un trofeo deseño de Alberto Geada. O segundo premio foi para María Selmira Balseiro Blanco, de O Valadouro, o terceiro para o gañador da pasada edición, Jerónomo Reyes García, de Ribadeo, e o premio ao mellor artista local foi para a alfocense Tramara Casabella Pardeiro. Estes tres últimos recibiron diferentes lotes de produtos de pintura ademais do correspondente diploma acreditativo e trofeo.
Na categoría infantil o primeiro premio, consistente igualmente nun bono de compra doado pola tenda O Lar do Pintor de Burela, diploma acreditativo e trofeo, foise para Barcelona, sendo a gañadora Alejandra Martínez Fernández, quen disfruta dunhas vacacións en Alfoz coa súa familia. O segundo premio foi para Sara Puente Pereira, de Ribadeo, o terceiro para Claudia Martínez García, de Alfoz, e o accésit ao artista local foi para Mencía Pardiñas Hermida, recibindo igualmente diferentes lotes de produtos de pintura, diploma acreditativo e trofeo.
O xurado estivo presidido por Pilar Perdices Sintes, que esta mesma mañá inauguraba unha exposición no Castelo de Castrodouro, acompañada polos artistas locais Xosé Blanco e Hipólito Xeada. Na entrega de premios participou Xabier Pardiñas, tenente alcalde de Alfoz e responsable da área de cultura e turismo, quen indicou que, a pesar da modesta participación destas primeiras edicións do maratón, se debe apostar por seguir realizando este tipo de actividades indicando que “aos novos eventos pásalle coma as persoas, primeiro teñen que aprender a andar, cando andan teñen e aprender a non caer e despois deben elixir o camiño a seguir, nese camiño temos que traballar para que este maratón se consolide”. Juán Ramón Alves, gañador da categoría sénior, agradeceu este tipo de iniciativas que dan pé a que se coñeza esta fermosa zona da Mariña interior, indicando que sen dúbida difundirá este evento para que no vindeiro ano se incremente a participación, desexando repetir experiencia.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



