Viveiro 23-7-17. Navega no Camiño pretende revitalizar a antiga ruta de navegación cara a Santiago de Compostela, dando así a coñecer os fantásticos portos deportivos do norte de España.
Unha decena de veleiros saíu desde Hondarribia o día 16 de xullo, e a eles iranse sumando progresivamente outras embarcacións nas paradas programadas ata superar a treintena de veleiros con máis de cento vinte peregrinos a bordo.
A Organización da Travesía, levada a cabo por North Mariñas, Asociación de Mariñas do norte de España, ten como obxectivo revitalizar esta antiga forma de peregrinaxe, potenciando relacións socio-culturais e as actividades náutico deportivas entre as nosas xentes e as doutros países.
Na etapa do venres entre Cudillero e Viveiro, unha das máis longas de toda a travesía, varias embarcacións decidiron facer noite nos portos de Tapia de Casariego e Ribadeo. Deste xeito, a longa distancia entre os portos de Cudillero e Viveiro quedaba dividida en dúas xornadas. Onte, día de descanso para toda a travesía, a flota reagrupouse no porto de Viveiro, antes de reemprender o camiño mañá pola mañá.
Recibidos polas autoridades
Ata o porto de Viveiro achegáronse onte pola tarde Jose Manuel Balseiro, delegado da Xunta de Galicia, e o deputado por Lugo Jaime de Olano Vea. Ambos agradeceron a parada dos peregrinos no porto, á vez que lles invitaron a volver en próximas ocasións, á marxe do peregrinaje a Compostela.
Próxima etapa: Viveiro – Cedeira
Trala xornada de descanso, a flota continuará rumbo a Cedeira nunha das etapas máis espectaculares, xa que os peregrinos terán que pasar os imponentes cabos Bares e Ortegal para chegar ao seu porto de destino.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



