O Valadouro, 4 de xullo de 2017. A parlamentaria Olalla Rodil acompañada do Tenente Alcalde do concello de O Valadouro, o nacionalista Eduardo Chao, e da responsable comarcal do BNG, Ana Ermida, fixéronse eco da información que lles trasladaron familiares de persoas ingresadas na Residencia de maiores Santa María de Ferreira do Valadouro, centro pertencente á Fundación San Rosendo. Estes familiares indicaron que algunhas persoas usuarias da residencia non reciben unha asitencia integral para o seu desenvolvemento.
O BNG preguntará no Parlamento de Galiza polas demandas dos familiares dos maiores ingresados na Residencia
Olalla Rodil instará desde o Parlamento aos responsables da Consellería de Política Social para que a través do Servizo de Inspección de Maiores, Discapacidade e Dependencia se explique se se realizan as correspondentes inspeccións e se díe conta tamén dos seus resultados.
“Sexan públicos ou privados os centros donde están os nosos maiores, a administración pública tén que velar para que se garantan os dereitos universais dos mesmos, e os das persoas con discapacidade e dependentes e que a atención se preste nas mellores condicións” afirmou a deputada nacionalista. Que entende que a función de control da Xunta debe realizarse em todos os centros prestadores de servizos sociais e estes servizos non poden verse afectados polas políticas de recortes do Partido Popular.
O Tenente Alcalde do Concello de O Valadouro, Eduardo Cho manifestou a súa preocupación polo feito de que estes casos que denuncian os familiares se poidan producir sen que os responsables da Consellería de Política Social adoptaran algunha medida ao respecto. “Non podemos permitir que esto ocurra nun centro ubicado no noso concello”manifestou o tenente alcalde.
A portavoz comarcal do BNG, Ana Ermida, asegurou que a política privatizadora de servizos sociais, levada a cabo polo PP durante anos en Galiza e con escaso control do servizo privatizado, ten consecuencias como as deste suposto, no que o persoal está prestando os servizos moitas veces con dificultades e escaseza de medios, realizando a súa función dun xeito profesional e, en moitas ocasións, suplindo a falla de servizos que deberan prestar as Administracións responsables. Neste sentido, desde o BNG queren destacar a labor realizada polo persoal e o esforzo que poidan realizar para dar a atención adecuada. Manifestou tamén que “a Xunta segue estando en débeda con esta comarca en materia de asuntos sociais e atención á terceira idade, onde as prazas públicas en residencias non son suficientes.”