Lugo, 4 de xullo de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, lembrou á veciñanza dos 18 concellos da provincia que se viron obrigados a destruír as súas plantacións como consecuencia da praga da couza guataemalteca da pataca, que aínda están a tempo de solicitar as axudas que tramita a Consellería de Medio Rural.
A orde de axudas está dotada inicialmente con 250.000 euros que se incrementaría no caso de que fose necesario para que todos os afectados queden cubertos. O prazo para presentar as solicitudes de indemnización non remata ata o 30 de setembro e poden realizar este trámite nas oficinas agrarias comarcais, onde tamén poderán recibir asesoramento e ampliar información.
No seguinte cadro indícase a oficina agraria na que debe realizarse a tramitación da axuda en función do termo municipal no que se atope a plantación:
•Oficina Agraria Comarcal de Viveiro: o Vicedo, Viveiro, Ourol, Xove e Cervo.
•Oficina Agraria Comarcal de Foz: Foz, Burela, Alfoz e Valadouro.
•Oficina Agraria Comarcal de Ribadeo: Ribadeo, Barreiros, Trabada.
•Oficina Agraria Comarcal de Mondoñedo: Mondoñedo e Lourenzá.
•Oficina Agraria Comarcal de Meira: Pastoriza, Riotorto e A Pontenova
•Oficina Agraria Comarcal de Vilalba: Abadín.
Indemnizacións
As indemnizacións varían en función do tipo e dos quilos de pataca entregada, tal e como establece a lei. Así, as patacas de semente pagaranse a 0,70 euros o quilo, a de consumo (pataca vella) a 0,30 euros e a arrincada das zonas infestadas a 0,40 euros o metro cadrado de superficie plantada. Máis de 350 agricultores comezaron a cobrar a partir de onte luns as axudas pola praga da pataca, nunha primeira achega.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



