Mondoñedo, 03 de xullo de 2017. O portavoz do BNG de Mondoñedo, Eloi Cabanas, acusou á alcaldesa da cidade de “vender fume” no proxecto de apertura da aldea do Vilar como albergue da natureza e de levar temas ao pleno sen definir só coa idea de publicitarse despois nos medios de comunicación.
Eloi Cabanas, aclara que o grupo nacionalista está de acordo en poñer en funcionamento o barrio do Vilar e incluso poden estar de acordo coa idea de xestión directa na explotación como albergue da natureza.
“O problema é que se trouxo a pleno unha proposta sen definir, nós estamos para aprobar proxectos e non para votar ideas”.
Os nacionalistas pediron que se retirara o punto da orde do día ata que se tivera un proxecto mellor definido e con todos os informes pertinentes derriba da mesa.
“A decisión de apertura do barrio do Vilar non é unha competencia do pleno se non que é competencia de Xunta de Goberno, pero aínda así, ¿Como vamos votar algo a favor sen ter os informes que digan que é posible?”.
Informe Xurídico.
Para ter unha garantía de que o goberno municipal está actuando correctamente, o voceiro nacionalista sinalou que o seu grupo pedirá aos servizos xurídicos municipais un informe sobre cales son os informes preceptivos para poder abrir o barrio do Vilar como albergue da natureza.
O GRUPO MUNICIPAL DO BNG POSICIONOUSE EN CONTRA DA CONSTRUCIÓN DUN MIRADOR NO BARRIO DO MONFADAL.
O BNG discrepa co lugar elixido xa que segundo apuntou o voceiro nacionalista, “O mirador no Monfadal non descubre nada novo que non se vexa xa desde a LU-124”.
Para os nacionalistas, o lugar máis acaído que podería ter Mondoñedo como mirador, sería o situado na cima do monte Padornelo, “desde alí si se ven unhas vistas espectaculares, non só se contempla a imaxe da cidade, obsérvase toda a paisaxe do concello, concellos limítrofes e incluso se ve o mar”.
QUE SE RECONSIDERE O PROXECTO.
O grupo do BNG pediulle a alcaldesa que reconsiderara o proxecto, para que non se gasten máis de 20.000 euros no acondicionamento dun mirador nunha parcela de 2000 metros cadrados existindo alternativas moito mellores.
O BNG DE MONDOÑEDO VOTOU EN CONTRA DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE SOLICITUDE DE CESIÓN Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN DE TERREOS DA GRANXA PARA ACCEDER ÁS FINCAS ADQUIRIDAS POLO CONCELLO EN CASA NOVAS.
O grupo municipal do BNG entende que coa actual oferta de aparcadoiros periurbanos que hai na cidade, algún sen coches como o situado na parte de atrás da Alcántara, xunto co que se vai facer agora a carón da Travesía Casas Novas, cumpre suficientemente as necesidades de prazas de aparcamento que ten a cidade na actualidade.
O portavoz do grupo do BNG no concello, aclara que facer un acceso novo polos terreos da Granxa en contra do visto bo da comunidade educativa, dirección do Instituto e dos representantes de pais e nais de alumnos no Consello Escolar, e ter que comprar unha finca máis por valor de 38.000€ a cargo fondos do Plan Único da Deputación “non nos parece prioritario nin imprescindible xa que o aparcadoiro ten entrada e saída pola parte de arriba”.
O GRUPO MUNICIPAL DO BNG TAMÉN AGRADECE AO RESTO DE GRUPOS DA CORPORACIÓN A BOA ACOLLIDA QUE TIVO A SÚA PROPOSTA DE REVISIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO DE TURISMO.
O portavoz do BNG apunta que desde abril do 2013 o concello de Mondoñedo ten un Plan Estratéxico de Turismo aprobado co apoio de todos os grupos.
Vencidos practicamente os prazos de desenvolvemento do plan, o BNG entende que quedaron programas de actuación sen executar que axudarían a mellorar a actividade turística no concello, de aí as razóns da petición da revisión do plan, aclara.
O BNG ESTARÁ PENDENTE DA TOMA EN CONSIDERACIÓN OU NON DA PETICIÓN DOS SEU ROGOS NO PASADO PLENO.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, contestou que ía estudar e que tería en conta os rogos que presentou o BNG no pasado pleno.
O BNG espera que se cumpran, xa que rogos como limpeza de rúas ou o cumprimento da ordenanza de Salubridade e Ornato Público son importantes para a vida diaria de veciños e veciñas.
Os nacionalistas tamén esperan que o Goberno Municipal “rectifique”e elimine o aparcadoiro acondicionado de forma provisional na rúa Bispo Sarmiento.
“O Conxunto Histórico da cidade foi declarado Ben de Interese Cultural no ano 85 e este espazo xera un impacto visual moi grave que dana a imaxe da cidade”.

















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



