A partir de agora, e grazas á iniciativa da Concellería de Deportes do Concello de Lourenzá; solicitar pista de pádel en Lourenzá non pode ser máis doado. Entrando en http://lourenza.pistas-online.com/ e despois dun intre para darse de alta como usuario, poderás reservar online directamente dende calquera dispositivo. Na web lévase unha contabilidad persoal de cada usuario, e poden reservar de media hora en media hora. Lembrade que a taxa municipal por 1 hora e media son 4 euros que se aboan directamente por Tpv. Unha vez reservada, pódese imprimir un xustificante de reserva ou presentar o mensaxe de reserva do correo electrónico no Torreón onde nos darán a chave de acceso á instalación.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



