Ribadeo, 13 de xullo de 2017. No pleno ordinario que se celebra este xoves desde ás 20:30 horas debaterase a posta en marcha dunha nova medida económica destinada aos inmobles que teñen unha elevada categoría de protección patrimonial e arquitectónica co obxectivo de fomentar a súa rehabilitación. O Concello aplicará unha bonificación do 50% na licenza de obra para a rehabilitación, e do 90% para o caso de que ese edificio se destine a actividades xeradoras de emprego. Na sesión plenaria tamén se analizará a supresión dos mínimos da licenza de obra cando sexa para pintar as fachadas das vivendas tanto na vila como nas parroquias. Antes esta medida só era de aplicación no casco vello e agora o equipo de goberno quere espallala ao resto do concello. A este pleno tamén vai hoxe o incremento de subvención que o Concello lle concederá á comisión organizadora das festas de San Roque e da patroa, Santa María do Campo. Esa partida ascenderá a 25.000 euros.
O alcalde, Fernando Suárez, contou que “queremos ir un paso máis aló na rehabilitación e na posta en valor do casco vello de Ribadeo, a pesares de que xa hai tempo que nin a Xunta nin o Estado poñen diñeiro para subvencionar as rehabilitacións aos particulares, queremos desde o Concello propoñer unha nova medida económica para aqueles inmobles que teñen unha elevada categoría de protección patrimonial. A nosa experiencia nestes últimos anos evidencia que non se amañan na mesma proporción que o resto de inmobles que teñen un menor grado de protección”.
O rexedor explicou que “queremos propoñer ao pleno o cambio da ordenanza actual para bonificar un 50% o importe da licenza de obra para rehabilitación e un 90% para o caso de que ese inmoble se dedique a calquera actividade xeradora de emprego como hostalería, comercio, oficinas, etc… Isto está pensado para este tipo de inmobles cunha alta protección arquitectónica, que son os que a experiencia nos demostra que non se rehabilitan co paso dos anos”.
Suárez Barcia engadiu que “outra das medidas que queremos levar a este pleno é unha idea que leva funcionando en Ribadeo no casco vello dende hai anos, pero que agora queremos espallar ao resto de edificacións fora do casco vello, en calquera parte da vila ou do resto das parroquias do concello de Ribadeo. É a nosa intención de suprimir os mínimos da licenza de obra cando sexa para pintar as fachadas das vivendas, sempre que sexa só a pintura. Deste xeito, tal e como se fai no casco vello, pagarase polos metros cadrados realmente que se van pintar, o que en moitos casos a taxa a pagar e o imposto de construción e instalación de inmobles, o ICIO, a pagar serán inferiores ao mínimo que agora está establecido aproximadamente en 105 euros”.
O alcalde declarou que “nós queremos que os permisos municipais non sexan unha escusa para non pintar as vivendas, en calquera vivenda da vila ou de calquera parroquia de Ribadeo”.
Fernando Suárez tamén anunciou que “outra proposta que tamén levaremos ao pleno é o incremento da subvención nominativa que este ano se lle vai outorgar á comisión de festas de San Roque e da patroa para organizar estas dúas festas. Como todo o mundo sabe é un grupo moi pequeno de persoas que está facendo un ímprobo esforzo e un traballo de organización tremendo, e que colleu todo isto hai moi pouco tempo, polo que o tempo que queda de verán é realmente pouco para organizar unhas festas minimamente dignas. Polo tanto tamén desde o Concello nos comprometemos con eles en incrementar a cifra que víñamos dando, tendo en conta agora que tamén se van organizar conxuntamente coas de San Roque. A cantidade que había fixada inicialmente sumadas as dúas festas era de 12.000 euros, e pasará agora a 25.000 euros”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



