Lugo, 13 de xullo de 2017. A Deputada de Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llaño García, inauguraron este xoves a mostra itinerante, A colección de ourivaría Antiga do Museo Provincial de Lugo, que estará exposta ata o 30 de xullo na Casa da Cultura do Concello de Burela, coincidindo coa Festa Castrexa que se celebra os días 14, 15 e 16 de xullo en dito municipio mariñán.
García Bermúdez destacou que “no ano 2015 a colección de ourivaría de Álvaro Gil Varela foi declarada Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia, e con motivo desta importante distinción, dende o Goberno da Deputación, poñémos en valor a riqueza patrimonial galega e os fondos dos nosos museos, ao tempo que contribuímos cunha actividade lúdico-cultural á programación da VI edición da Festa Castrexa de Burela”.
A mostra propón unha visión completa, a través dunha réplica do torques de Burela e 9 paneis fotográficos explicativos, da colección de obxectos de ourivaría prehistórica e antiga, fundamentalmente áurea, dos fondos do Museo Provincial de Lugo, ademais de mostras que abarcan desde o II milenio a. C. ata o século VI d. C.
A colección de ourivaría antiga Álvaro Gil, que actualmente se exhibe na sala 8 do Museo Provincial, está formada por 40 pezas da época castrexa, entre as que se atopan torques, brazais, arracadas e pulseiras procedentes de diversos Concellos lucenses, así como doutros lugares de Galicia. Inclúe, ademais, emblemáticas xoias como o Torque de Burela, o máis grande atopado en Galicia, e o Carneiro Alado, peza de valiosa execución artística e de incerta procedencia xeográfica.
Esta colección destaca, en primeiro lugar, polo elevado número de pezas que a compoñen, así como pola súa variedade morfolóxica. A maior parte corresponde a elementos de adorno persoal, cun grande carácter simbólico que indicaban a riqueza, o status ou o poder da persoa. Ademais, a mostra exposta no Museo Provincial de Lugo, conta con tortas, lingotes e arames que permiten analizar os métodos de obtención do metal áureo e os primeiros pasos do traballo ourive. O tesouro goza da consideración de Ben de Interese Cultural (BIC), o que lle outorga a máxima protección patrimonial segundo a lexislación autonómica vixente.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



