Lugo, 17 de xullo de 2017. O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, presentaron este luns nos Xardíns do Pazo de San Marcos a I Milla Popular Urbana, unha cita lúdico deportiva que financia o Goberno Provincial cunha achega de 8.000 euros, que servirán ademais para colaborar con outros eventos como a Gala do Deporte ou o Día da Bici, entre outras.
Santos Ramos destacou que “colaboramos con este tipo de iniciativas porque dan visibilidade e poñen en valor o noso territorio, facendo fincapé na riqueza natural e paisaxística da que dispomos na nosa provincia”. O Deputado subliñou que “dende o Goberno da Deputación estamos convencidos do impacto que as actividades desta natureza teñen no turismo e na economía local. É por iso polo que, neste ano, destinamos uns 240.000 euros a financiar 78 citas deportivas coma esta, coas que ademais de xerar riqueza, se dinamiza a vida deportiva lucense”.
A Alcaldesa agradeceu a colaboración do Goberno da Deputación e destacou que “Lourenzá é un concello referente no deporte, non só na Mariña senón tamén en todo o territorio Galego. Falar de Lourenzá é falar do noso deporte, pois contamos cunha forte tradición atlética e con grandes deportistas que cada fin de semana figuran no alto dos podiums galegos”.
A I Milla de Lourenzá terá lugar o vindeiro sábado, 29 de xullo, polas principais rúas do casco urbano, nun horario de 19:30 a 21:35 horas. Todas as probas terán inicio e chegada dende a Praza do Concello e as distancias serán diferentes e adaptadas as idades dos participantes, dende 150 m para os máis pequenos ata os 1609 m para os adultos. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de todas as categorías e medallas para todos os participantes.
Inscricións
As inscricións estarán abertas ata o martes 25 de xullo e os interesados deberán formalizala na páxina www.championchipnorte.com. O prezo de inscrición para carreira absoluta é de 5€ para propietarios de chip amarelo championchip e de 6 para os que non teñan chip. Os cativos poderán participar de balde.
























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
