Foz, 1 de xullo de 2017. O Pleno da Corporación de Foz celebrado o pasado xoves 29 de xuño aprobou unha moción de urxencia, presentada polo Bloque Nacionalista Galego e que contou co apoio de Foz Plataforma de Futuro e do PSOE, na que se solicitaba que o Concello de Foz paralizase nos meses de verán as obras que se están executando na Avenida da Mariña ou que, no seu defecto, se continuase co plan de obras previamente aprobado. Unha vez aprobada a moción, o Alcalde de Foz declarou a súa negativa a cumprir co recollido na proposta e confirmou que as obras ían seguir conforme ao novo plan, cuestión que provoca o rexeitamento dos veciños e do comercio da zona, conscientes das grandes dificultades que provoca.
As concelleiras nacionalistas Lorena Seivane e Teresa Rego consideran “unha absoluta falta de respecto á vontade popular expresada no Pleno de Foz pola maioría da Corporación a decisión do Alcalde de non cumprir co mandato do Pleno. Estamos diante dun feito que evidencia a un tempo a prepotencia e a soberbia do Alcalde, así como os compromisos ocultos que este ten asumido cos poderes económicos reais da vila. Son precisamente estes intereses ocultos o que explica que a Castiñeira non lle preocupe o máis mínimo crear graves prexuízos aos 21 comercios que se atopan entre Xoán Montes e a Glorieta de Vilalba, con tal de favorecer os intereses dos dous supermercados que se atopan entre o tramo de García Lorca e Xoán Montes, tramo polo que tiña que continuar a obra e que foi librado das reformas nos meses de verán. É así de simple: para o Alcalde de Foz hai comerciantes de primeira e comerciantes de segunda, para o Alcalde de Foz hai varas distintas para medir aos veciños”.
Lorena Seivane e Teresa Rego afirman “estar diante dun exemplo máis da prepotencia deste Alcalde que se manifestou de xeito claro na xestión desta obra. Primeiro reuniuse tarde e mal cos comerciantes, non permitindo ningún tipo de negociación, até o punto de que, despois de negarse repetidamente a aceptar as súas demandas, opta por unha decisión unilateral que non tivo posibilidade de contraste e de diálogo cos afectados. Posteriormente actúa con feitos consumados, adiantado os prazos das obras no tramo de Xoán Montes e a Glorieta de Vilalba, e, xa por último, como colmo da falta de respecto á opinión dos veciños, declara a súa negativa a cumprir cun acordo maioritario da Corporación Municipal. Foz non se merece un Alcalde con esta actitude e que non coñeza cal é o funcionamento democrático normal dunha administración. O BNG non está disposto a tolerar un día máis un goberno que descoñece o respecto e que é incapaz de dialogar e de chegar acordos, aínda máis cando carece de maioría”.
A moción do BNG recollía un segundo punto tamén aprobado pola Corporación de Foz no que se criticaba a corta das árbores da Rúa Xoán Montes e se solicitaba que o Goberno non procedese a talar as arbores situadas na Rúa Martínez Otero, que, segundo as informacións que manexamos, o Alcalde tamén ten previsto cortar cos mesmos argumentos utilizados para a árbores de Xoán Montes.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



