Mondoñedo, 3 de xullo de 2017. Os socialistas de Mondoñedo critican a xestión irresponsable do Goberno de Elena Candia sobre a cesión dos terreos da Granxa para facer un aparcadoiro. “Candia foi capaz de poñer de acordo a toda a comunidade educativa para criticar este proxecto, xa que tanto a Dirección do Centro como a ANPA, denuncian que a decisión sobre a suposta cesión dos terreos non foi consensuado con ningún membro da Comunidade Educativa”, explicou a voceira socialista.
González sinala que tras o anuncio feito pola Alcaldesa solicitando a Consellería de Educación a cesión gratuíta de 398.33 m2 na Granxa; tanto a ANPA, como a Dirección do Centro emitiron sendos comunicados dirixidos tanto á Alcaldesa como ao Conselleiro de Educación, onde amosaron a súa disconformidade con este decisión.
Así as cousas advirte que dende a ANPA, emitiron un escrito no que amosaron o seu “malestar” polo procedemento utilizado polo Concello de Mondoñedo sobre a “cesión” destes terreos. Ademais critican que esta petición fíxose de forma “unilateral”, e denuncian “a perda de espazo neste centro educativo e nas súas instalacións”.
Dende a Dirección do Centro maniféstanse no mesmo sentido. A Directora enviou un comunicado, tanto á Consellería de Educación como ao Goberno de Mondoñedo, “expresando o malestar xerado na comunidade educativa polo feito de que a negociación de cesión por parte destes terreos da finca da Granxa ao Concello se fixese completamente de espaldas ao IES, sen contar con nós para nada”, sinalan no comunicado.
Ademais dende o IES remarcan que presentaron un escrito diante da Consellería de Educación na que reclaman melloras educativas, como por exemplo o “arranxo da casa do Conserxe, non tendo reposta recibida sobre este asunto”, denuncian.
González afirma que “os veciños de Mondoñedo non somos cidadáns de segunda e non temos porque andar mendigando subvencións, si a Consellería de Educación decide aumentar a oferta educativa na nosa cidade, corresponsablemente deberá mellorar as infraestruturas onde se imparten”. E proseguiu, “o Conselleiro de Educación visita Mondoñedo (mañá martes), e ten unha boa ocasión para anunciar unha partida económica que atenda as demandas e as carencias dos centros educativos mindonienses”, espetou.
Barrio do Vilar sen proxecto
Na sesión plenaria tamén se debateu a xestión turística do Barrio
Vilar. O Grupo Socialista votou en contra desta proposta, xa que o Goberno de Elena Candia non presentou ningunha iniciativa sobre este asunto. “Candia limitouse a argumentar en tres parágrafos e dúas frases de 46 palabras un proxecto no que ela mesma recoñece que hai máis de 1.600.000 euros públicos invertidos. É dicir trouxo ao Pleno unha declaración de intencións, sen proxecto e sen argumento”. Ademais deixou claro que ten a aprobación da familia, que cedeu estes terreos, para executalo. González avanzou que a Alcaldesa confirmou aos medios de comunicación que vai abrir esta a infraestrutura no mes de agosto, “esperemos que conte con todos os permisos”, sinalou,
Mirador no Monfadal
Outra proposta do Goberno foi a creación dun mirador no Barrio do Monfadal, proposta que foi rexeitada polo Grupo Socialista. “O Concello ten bastante patrimonio e infraestrutura que atender, un deles é o cementerio vello, unha xoia patrimonial que leva sen rozar dende hai moitos meses. Polo tanto senón somos capaces de atender os espazos que posúemos, pretender ter máis de 2.000m2 para dedicalos a Mirador, non nos parece factible”.
Obras na ludoteca
Esperanza González preguntou na sesión plenaria pola previsión das obras para adaptar a ludoteca, que se realizan no centro educativo, con cargo ao Plan Único da Deputación e que conta cun investimento de máis de 22.000 euros. O Concelleiro de Obras manifestou que “as obras xa están rematadas, só falta limpar”.
Ademais tamén preguntou si xa empezou adxudicataria do servizo de recollida de lixo xa esta en funcionamento, a reposta foi que si. A voceira socialista puido constatar que a empresa está realizando ese servizo no vehículo propiedade do Concello de Mondoñedo.
A maiores presentou dous rogos. “Un rogo para que se limpen as aceras da avenida Eladio Lorenzo, a altura do tanatorio; e para que se retire un nido de vispa velutina nos Remedios, nunha vivenda donde viven dous nenos pequenos”.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



