As monitoras do Centro Gaia, pertencentes á Delegación de Medio Ambiente de Burela, levaron a cabo unha actividade titulada “Re-pesca de envases”. Tivo lugar na praia da Marosa e consistiu “nun taller de recuperación de envases de plástico esquecidos ou atopados nas praias para convertelos noutro obxecto. Con esta actividade traballamos fundamentalmente o concepto de reutilización, como paso fundamental antes de chegar á reciclaxe”, explican as monitoras de Gaia.
A edil Noelia Mª Ben destacou que “a idea foi dar aos materiais unha segunda vida útil empregando a nosa imaxinación para un uso totalmente diferente”.
