Unha vez máis véñense cumprindo as predicións do Partido Popular de Foz.
Hai uns meses alertamos de que o señor Cancio estaba intentando bloquear o asunto da depuradora manexando a unha serie de veciños, por certo fieis seguidores, para que se mobilizaran en contra da nova ubicación e apuntábamos claramente a que era o candidato dimitido o que seguía manexando os fíos da estratexia política do PSOE local cos mesmos métodos que usou en UNIFOZ e que tan drástico resultado deron, especialmente para o pobo de Foz, que se veu bloqueado polas ansias de poder e o personalismo do señor Cancio.
Hai poucos días na obra da Avenida da Mariña volvemos ver o manexo do señor Cancio en varios do seus seguidores, que sendo unha minúscula minoría entre os comerciantes afectados intentan mobilizar dun xeito moi parecido ao que pasa coa depuradora para facer política de guerrillas e protestar ao máis puro estilo UNIFOZ.
Cando dixemos que Cancio é un enfermo da política, que o seu obxectivo é vivir dela e que non descansaría ata conseguilo o PSOE local saíu na súa defensa contradicíndose absurdamente. Ocultaron na súa defensa que Cancio fora delegado de Pesca sen ter nin idea do sector; e así lle foi.
Foi deputado provincial, tamén con pouco acerto, por desgraza para os lucenses, e logo despeitado porque Rivera lle impediu ser o candidato a alcalde polo PSOE e así proseguir a súa carreira política. No 2011 monta as de San Quintín porque se lle esfumaban todas as posibilidades de seguir tirando da teta, dá o seu cuarto xiro e monta UNIFOZ, despois de pasar por Coalición Galega, afiliarse ao PP e irse do PSOE.
O dislate non acaba aí e no 2015 volta ao PSOE buscando o arroupo dun partido grande que non atopara no fracaso de UNIFOZ e, nun golpe de maxia política, convence a PSOE para que o volva a recoller, e como candidato a Alcaldía, nin máis nin menos. O resultado xa o coñecemos.
O PP de Foz avanzou que volvería e así se acaba de constatar. O señor Cancio ven de ser nomeado como “asesor” en Ordenación do Territorio na Deputación, baixo a batuta do señor Martínez.
A verdade é que chama a atención que o PSOE siga apostando por Cancio despois de toda a súa traxectoria de fracasos e traizóns, pero estaba claro.
Cancio suma e segue e, facendo un simil futbolístico, convértese no Abreu da política lucense, futbolista coñecido por pasar na súa carreira por máis de 25 equipos de fútbol, fracasando en todos eles; iso si, pisando por riba de quen se lle poña enfronte. E o último en caer é o señor Val, actual secretario xeral da agrupación socialista de Foz, desaparecido baixo a abdución da súa última amizade perigosa.
Cancio volve vivir da política, como dicíamos os populares focenses, agora de asesor; por certo, posto que denigraba cando era independente. E recordamos as súas palabras cando fundou UNIFOZ, nas que detestaba a socialistas e populares por ser partidos cargados de asesores inútiles resultado de compromisos persoais e dicía que o seu novo partido estaba limpo de todo iso…
Unha vez máis volta contradicirse e o peor de isto é que os lucenses novamente imos pagar dos nosos impostos as travesuras dunha persoa que enfermou de política e está ansiosa de poder.
A ver que din agora os nosos amigos do PSOE local ou mesmo os de Plataforma, que van no mesmo camiño. E senón “tiempo al tiempo”.
Juan Rivas (secretario xeral do Partido Popular de Foz)



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



