As vindeiras citas serán en Potormarín o día 1 de setembro, e no Club Fluvial de Lugo o día 2. A programación inclúe atraccións inchables, tobogáns, balancíns, pulpos, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks, waterballs… animacións musicais ou xogos populares. Cada sesión, que ten unha duración de entre tres e catro horas, conta coa supervisión de, canto menos, un coordinador e entre seis e doce monitores, que se encargan do coidado e atención dos participantes para garantir unha actividade divertida e segura. As persoas que non saiban nadar terán que ir acompañadas.
