A Mariña, 25 de Agosto 2017. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña, constituida por colectivos sociais e veciñais e organizacións sindicais e políticas, vén de reunirse para analizar e valorar as consecuencias que vai traer consigo a modificación da Lei 8/2008 de Saúde de Galicia. Desde a Plataforma advirten que con esta reforma lexislativa desaparece a Área Sanitaria da Mariña e camiñase cara á centralización en Lugo da maior parte dos recursos sanitarios e humanos e sen ningún poder de decisión a nivel da comarca, e con esta modificación a planificación da asistencia sanitaria vai facerse en función dos recursos sanitarios existentes, e non en función das necesidades sanitarias da Comarca,mermando a asistencia ao non dotarse de máis recursos. Advirten tamén que con esta modificación da Lei posibilítase a mobilidade forzosa de especialistas e resto de profesionais sanitarios da Mariña, que pasarán a pertencer á area de Lugo, legalizando deste xeito a centralización da sanidade en Lugo e o desmantelamento de especialidades na nosa Comarca.
A Plataforma demanda o mantemento da Área Sanitaria da Mariña para garantir a eficacia e a continuidade da atención sanitaria en condicións ópitmas, desenvolvendo unha xerencia próxima, coñecedora das necesidades de saúde e de planificación e xestión asistencial, poñendo en valor o Hospital da Costa e dotándoo do persoal, material e tecnoloxía necesarios para unha atención adecuada ás persoas.
Así mesmo propoñen poñer en marcha un plan de mellora da Atención Primaria, pilar básico do sistema sanitario, e dotándoa tamén dos recursos económicos, técnicos e humanos precisos.
A Plataforma inicia unha campaña informativa con actos nas principais vilas.
Nas vindeiras semanas a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña levará a cabo unha campaña informativa, dirixíndose a toda a sociedade mariñá, con actos nas principais vilas e distribuindo información tamén en centros de traballo e locais públicos. Desde a Plataforma dirixiranse tamén a todos os concellos da Mariña para pedirlles o apoio a estas reivindicacións, solicitándolles que penduren nas súas fachadas pancartas de apoio. Desde a Plataforma presentarán tamén mocións en todos os concellos.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



