Lugo, 23 de agosto de 2017. Aberta a solicitude das axudas de máis de 300.000 euros da Deputación para asociacións culturais lucenses, e para a promoción da artesanía. O BOP publicou as bases das subvencións de concorrencia competitiva para entidades asociativas culturais da provincia, e tamén para a realización de actividades de promoción da artesanía na anualidade 2017. As entidades teñen de prazo ata o día 8 de setembro para presentar as súas solicitudes.
Na páxina web da Deputación, www.deputacionlugo.gal, hai un banner con toda a información, así como a documentación para que as asociacións poidan concorrer a estas axudas. O prazo de solicitude, para ámbalas dúas convocatorias será ata o 8 de setembro, inclusive.
Cultura
As bases das subvencións de concorrencia competitiva para entidades asociativas culturais da provincia contemplan axudas para a realización de actividades culturais no 2017. Concretamente para a dinamización socio-cultural e cultural en todas as súas vertentes; para potenciar a historia, a música, as tradicións de Galicia, e o uso do idioma galego, así como iniciativas de potenciación do patrimonio material e inmaterial do pais, entre outras.
Axudas para promocionar a artesanía
Por primeira vez o Goberno da Deputación ofrece axudas, destinadas ás asociacións, para a realización de actividades de promoción da artesanía lucense. As liñas de actuación desta programación contempla tres apartados: cursos de disciplinas artesanais; demostracións en vivo sobre os diferentes oficios artesanais, e para a organización e desenvolvemento de eventos de promoción e difusión da artesanía.
Baremos sociais
Nestas dúas convocatorias, primase os criterios socias nas bases destas subvencións. Puntuarase favorablemente os proxectos que fomenten a igualdade de xénero, actividades dirixidas á terceira idade, á persoas con capacidades diferentes, e que fomenten valores interxerenacionais, entre outros. Ademais, terase en conta a dispersión territorial e poboacional para primar aquelas programacións que se leven a cabo en pequenas localidades, especialmente no rural.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



