Foz (Lugo), 17 de agosto de 2017.- As Feiras do Libro de Galicia chegan á recta final da edición de 2017 no concello lucense de Foz, onde desenvolverán ata o 20 de agosto un programa con preto de 20 actividades. A praza de Conde Fontao converterase a partir desta tarde nun amplo escaparate cos títulos editoriais máis recentes, da man das librarías Pedreira, Arigato, Nobel Burela, Cartabón, Cortizas, Aenea e Bahía, xunto coa Editorial Eneida, para lle achegar á cidadanía os libros e a lectura.
A oferta editorial completarase con diversas propostas dirixidas a todos os públicos, que darán comezo hoxe ás 20:30 horas. Presentacións e sinaturas de libros con autores como Antonio Reigosa, Daniel Cid, José de Cora, Rocío López, Xaime Oroza e Hugo Sanmartín, entre outros, compartirán escenario con espectáculos de música e de maxia, para dinamizar a lectura entre os máis novos.
A décimo quinta cita das Feiras do Libro de Galicia de 2017 inaugurarase esta tarde ás 19:00 horas e poderá visitarse ata o 20 de agosto en horario de 17:30 a 22:00 horas.
Calendario das Feiras do Libro
Promovidas pola Federación de Librarías de Galicia coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Cultura, as Feiras do Libro de Galicia botaron a andar a súa programación de 2017 o pasado 31 de marzo no municipio ourensán de Verín, cun percorrido que proseguiu polos concellos de Ferrol, de Santiago de Compostela, do Porriño, de Lugo, de Ourense, de Redondela, de Ribeira, de Vigo, de Rianxo, de Mondoñedo, de Ponteareas, da Coruña e de Viveiro. Logo do seu paso por Foz, as Feiras do Libro de Galicia rematarán a súa edición de 2017 no municipio lucense de Monforte de Lemos, entre os días 23 e 26 de agosto.
Co seu apoio ás Feiras do Libro de Galicia, a Consellería ten como obxectivos principais contribuír á dinamización do comercio editorial galego, así como fomentar a lectura entre a cidadanía a través da diversa programación de actividades que se vén desenvolvendo en cada un destes encontros.
Ademais, para impulsar a proxección exterior do libro galego, a Consellería de Cultura tamén promove a participación do sector editorial de Galicia nas principais citas internacionais arredor do libro. Ás feiras de Boloña, de Buenos Aires, de Frankfurt e de Guadalaxara, en México, súmase este ano a asistencia a Liber, que terá lugar do 4 ao 6 de outubro en Madrid.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



