A Mariña 29.08.2017. Ante os anuncios propagandísticos de Elena Candia e Daniel Veiga do PP polas críticas á supresión da Área Sanitaria da Mariña, CIG Saúde A Mariña volve lembrar e denunciar a política destrutiva ao longo destes anos, levada a cabo polo equipo xestor da EOXI de Lugo-Cervo-Monforte nos Centros de Saúde da Mariña.
PARALIZACIÓN DO PLAN MELLORA DE ATENCIÓN PRIMARIA
O Plan de Mellora de Atención Primaria nacera do acordo entre as organizacións profesionais, sindicais e a administración coa pretensión de facilitar o acceso ás probas diagnósticas sen ter que derivar aos doentes a especialistas, acurtando así as listas de espera e axilizando tanto os diagnósticos como o seguimento das enfermidades. Porén, desde o acceso do PP ao goberno da Xunta a súa aplicación foi paralizada porque, en troques de apostar por un modelo de promoción da saúde e prevención da enfermidade, apostou por derivar aos usuarios/as aos hospitais, onde está o negocio, de cara á súa privatización.
AMORTIZACIÓN DE PRAZAS NOS CENTROS DE SAÚDE
Dende a Federación da Saúde da Mariña lembran a amortización de prazas de profesionais de saúde co silencio cómplice dos alcaldes do Partido Popular en Ribadeo, Cervo, Xove ou Ourol.
CIG Saúde lembra tamén o intento de pechar o Centro Médico de Cervo por parte de Feijóo, concello con alta dispersión xeográfica e poboación envellecida, unha medida finalmente freada pola forte mobilización na rúa da veciñanza durante máis dun mes tanto en Cervo como en San Cibrao.
ATENCIÓN PEDIÁTRICA
A central nacionalista lembra o déficit na atención pediátrica nos diversos Centros de Saúde (Ribadeo, Cervo, Burela, Mondoñedo, O Vicedo…)
Mentres Feijóo afirma apostar polo rural a realidade é que precariza servizos básicos.
“A sanidade é un dereito de todos e de todas independentemente do lugar onde vivan os nosos nenos e nenas”, afirman dende CIG Saúde.
GRAVE PERDA DE CALIDADE ASISTENCIAL
“A amortización de prazas nos Centros de Saúde, a falla de cobertura das ausencias dos profesionais, a contratación en precario por días e incluso por horas provoca unha sobrecarga de traballo que repercute nunha grave perda da calidade asistencial e un aumento do desemprego na comarca”, lembran dende a central nacionalista.
Para CIG-Saúde é fundamental recuperación dos postos de traballo suprimidos nos últimos anos para garantir a calidade asistencial, a estabilidade laboral e acabando coa precariedade que presenta o sistema.
DESMANTELAMENTO INTENCIONADO DA SANIDADE
Segundo CIG-Saúde, este é o modelo que o goberno de Feijoo e demais gobernantes do PP promoven e impulsan a través dos seus xestores da EOXI de Lugo-Cervo-Monforte e que está a provocar o desmantelamento intencionado da atención sanitaria. É o modelo da destrución de emprego, o modelo do deterioro progresivo da Atención Primaria, asfixiando os seus profesionais co interese de trasladar á cidadanía a percepción dunha sanidade precaria e insostible, e deste xeito, entregar a mans privadas o tan ansiado negocio da sanidade pública.
Para CIG Saúde A Mariña é fundamental rescatar a sanidade pública galega e dignificar a Atención Primaria para garantir un servizo básico de calidade e proximidade fronte os gobernos do PP que pretenden convertela nun privile























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



