Paul Gliet e Jörg Grube explicáronlles aos empresarios asistentes o funcionamento do sistema dual en Alemaña, país no que hai máis de 350 carreiras recoñecidas de FP e onde todos os anos xurden algunhas novas, atendendo así a demanda das empresas. Segundo os poñentes é moi difícil atopar un bo traballo en Alemaña sen FP e subliñaron que o sistema dual é tradicional e que funciona moi ben desde hai moitos anos. Por exemplo un contrato de aprendiz, que pode ter unha duración máxima de 3 anos e medio, suporá un total de 40 horas semanais de traballo, das que entre 28 e 32 serían de prácticas na empresa e de 8 a 12 no instituto de FP. O máis habitual en Alemaña é que un aprendiz pase 3 ou 4 días á semana na empresa e 1 ou 2 no instituto.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



