Durante estes dous meses máis de 50 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos puideron gozar de múltiples e variadas actividades: manualidades, excursións, contacontos, música, xogos ao aire libre e nas praias. A edil Noelia Mª Ben amósase satisfeita co desenvolvemento da ocioteca: “cada ano hai máis persoas interesadas en que os seus fillos e fillas poidan participar nestas actividades, xa que para as parellas que traballan é unha tranquilidade saber que os seus fill@s poden participar nas mesmas e pasar toda a mañá entretidos xogando con rapaces da súa idade”. A concelleira de Medio Ambiente agradece “as persoas voluntarias a súa dedicación, xa que grazas a elas todo isto é posible”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



