Lugo, 23 de agosto de 2017. O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o proxecto de rehabilitación do Fogar de Santa María, co que o Goberno da Deputación busca, por unha banda, dotar de uso público ao patrimonio público provincial, así como ampliar os servizos que ofrece aos veciños, como o de recadación.
Deste xeito, todas as empresas interesadas en concorrer a este proxecto poderán presentar as súas ofertas dende mañá xoves, 24 de agosto, e ata o vindeiro 5 de setembro, incluído.
O proxecto aprobado polo Goberno Provincial en Xunta de Goberno, contempla un orzamento máximo de 1,8 millóns de euros, que se corresponden as anualidades 2017 (335.000 euros) e a do 2018 (1.5 millóns); e un prazo de 10 meses. Cómpre subliñar que tanto o prezo como o prazo dependerá das ofertas que presenten as empresas que decidan participar neste proceso de contratación. A previsión é que as instalacións poidan estar en funcionamento no último trimestre do ano 2018.
Proxecto de rehabilitación
O proxecto publicado no BOP deste mércores, implica a rehabilitación integral de 2 dos 9 pavillóns que conforman o Fogar de Santa María. Trátanse do edificio principal e do pavillón 2 cuxo uso por parte do Concello de Lugo está cedido á Deputación por 99 anos.
Para a súa rehabilitación, os técnicos de ambas as dúas administracións acordaron un proxecto axustado ao PEPRI, polo que non require de máis permisos que a licenza municipal que xa se está a tramitar.
Na planta baixa do edificio principal do Fogar de Santa María situarase Recadación, un dos servizos provinciais con maior carga de traballo, pois a día e hoxe asume a de 62 Concellos. Na primeira planta, situarase o departamento de Cooperación cos Concellos e, no baixo cuberta, haberá un arquivo propio destas dependencias.
No pavillón 2 instalarase o departamento de Asesoría Xurídica e tamén contará cun arquivo propio na zona alta. As obras en todas as dependencias implican a mellora das fachadas e a rehabilitación integral dos interiores, adaptándoas ás necesidades dos distintos departamentos e facéndoas accesibles a persoas con capacidades diferentes. Por exemplo, situaranse ascensores ou ramplas. Tamén se mellorarán os sistemas de calefacción e climatización para que o edificio sexa máis eficiente e aforrar custos correntes.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



