Foz, a 7 de agosto de 2017. En relación coa pregunta formulada pola deputada Eva Solla e outros/as deputados/as do Grupo Parlamentario de En Marea sobre “as previsións do Goberno galego respecto da cobertura de baixas e vacacións do persoal facultativo do Centro de Saúde de Foz, a incidencia para as persoas usuarias das situacións de saturación producidas nel es as medidas previstas para reforzar os servizos e mellorar a atención das urxencias no centro, así como a cobertura da atención pediátrica na Mariña Lucense” (publicada no BOPG número 114 do 12 de maio de 2017) a Xunta de Galicia contesta a través da Consellería de Sanidade con data do 27 de xuño de 2017 que “ O Centro de Saúde de Foz é atendido por 6 médicos de mañá e 2 de tarde (cunha media de 1.150 TIS) 1 pediatra, 7 enfermeiros, 1 odontólogo, 1 hixienista dental, 2 fisioterapeutas e 5 persoas de servizos xerais non sanitarios. Recoñece un déficit estrutural de persoal nas listas de vinculacións temporais que fan imposible as substitucións e que están a facer importantes esforzos para garantir a calidade asistencial”. Comentan tamén que “debido ó aumento da actividade asistencial na época estival o servizo se reforzará cun médico e unha enfermeira do 15 de xullo ó 31 de agosto”.
A todas estas boas palabras da Consellería de Sanidade, “Foz, Plataforma de Futuro” di o seguinte:
1. A calidade asistencial non está garantida en tanto que debido ás baixas dos facultativos e as vacacións non son cubertas por facultativos de substitución, algo que podería ter solución, aínda que haxa un déficit estrutural de persoal nas listas de vinculacións temporais, recorrendo nestes casos a facultativos que traballan en PAC en xornada complementaría e que poderían desprazarse ó noso Centro de Saúde para facer reforzos, e atender urxencias. Neste mes de agosto estamos a ter unha media de 3 facultativos de mañá atendendo os pacientes de 6 médicos máis as urxencias e domicilios polo que a situación tórnase en toda forma insostible, facendo estes facultativos xornadas de traballo maratonianas.
2. A Consellería de Sanidade ten información con suficiente antelación, dende o 30 de abril dos períodos vacacionais que se toman os facultativos do Centro, polo que ten tempo de sobra para planificar as substitucións destes, polo que non hai desculpa para manter esta situación que se da tódolos anos. Polo tanto podemos falar de mala planificación e falta de previsión por parte da Consellería.
3. O servizo de Pediatría é totalmente insuficiente e está saturado posto que a facultativa sigue en período de redución de xornada, e recordamos que non só atende os pacientes de Foz, senón que o ten que facer tamén cos pacientes dos Concellos de Alfoz e O Valadouro, polo que a situación é de todo lamentable. Hai días nos que non hai servizo de pediatría e son os facultativos de cupo da mañá que se teñen que facer cargo dos seus pacientes, que non son da súa especialidade e contribúen aínda máis a saturación que están a padecer.
4. O Servizo de Fisioterapia dinos a Consellería está atendido por 2 facultativos, pero só a facultativa de pola mañá ten que atender ós pacientes de Foz, Alfoz e O Valadouro polo que as listas de espera increméntanse e fan de todo insostible este servizo. Pola tarde só se atenden os pacientes de Mondoñedo e Lourenza, dous municipios con moita menos poboación, polo que este reparto non é para nada equitativo. “ Foz, Plataforma de Futuro” demanda que os 2 facultativos repartan o traballo dos 5 Concellos para que haxa un maior equilibrio, e as listas de espera diminúan.
5. A toda esta mala xestión e planificación temos que sumar que tampouco se cobren as baixas e vacacións do persoal de enfermería. Un engadido máis a todo este despropósito.
6. Soubemos tamén que unha das facultativas de pola tarde atópase de vacacións polo que os seus pacientes se derivan ó PAC a Burela ou ós facultativos do cupo da mañá. Outro dato máis que desminte por completo iso da “calidade asistencial garantida” da que nos fala a Consellería de Sanidade.
Dende “ Foz, Plataforma de Futuro” solicitamos unha solución urxente e inmediata para o Centro de Saúde de Foz, que se cubran as baixas do persoal facultativo médico e de enfermería, posto que non é unha situación sobrevida, sabían perfectamente dende finais de abril que esta situación se ía dar e non tomaron as decisións adecuadas de planificación. Esiximos ademais que se non atopan persoal nas listas de vinculación temporal fagan reforzos con persoal que traballa no PAC a xornada complementaria e veñan atender as urxencias, polo menos no horario de mañá para liberar os poucos facultativos que atenden o centro. Importantísimo é que o servizo de pediatría estea garantido por profesionais do ramo, e haxa reforzos, como mínimo agora no mes de agosto. Pedimos un reparto xusto para os facultativos de fisioterapia e poida así reducirse a lista de espera para esta especialidade. E o máis importante de todo, queremos un servizo de urxencias médicas en Foz en horario de tarde de 15.00 a 22.00 como mínimo, como tíñamos antes, para que os pacientes non teñan que desprazarse ó PAC de Burela e se libere de traballo ós facultativos de pola mañá.
Por último, queremos agradecer tanto a deputada de En Marea Eva Solla, así coma os/as deputados/as desta formación o interese mostrado polo mal funcionamento do noso Centro de Saúde, e moi especialmente o interese amosado polo deputado e portavoz de En Marea Luís Villares, que se presentou en Foz para coñecer de primeira man os problemas que afectan ó noso Concello.
Dende “Foz, Plataforma de Futuro” vamos a seguir mantendo esta estreita colaboración con En Marea, para beneficio do pobo de Foz e do interese xeral de Galicia, para tratar de combater as políticas nefastas e de recortes do Partido Popular nesta materia e en calquera outra. Imos a trasladarlle a necesidade imperiosa e urxente de solicitar á Consellería de Sanidade que se retomen as urxencias no Centro de Saúde de Foz de 15.00 a 22.00 horas de luns a venres, para tratar de corrixir a saturación que padecen os facultativos que atenden en horario de mañá e que se están vendo desbordados en atender as urxencias e o mesmo tempo ó seus pacientes e os dos seus compañeiros que se atopan de baixa ou en período vacacional.
Asdo. Javier Gil Cillero
Coordinador Xeral de FPF





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



