Cervo, 4 de agosto de 2017.- O Concello de Cervo, a través das delegacións de Xuventude e Deporte, continúa no mes de agosto coa programación das Noites Alternativas.
Esta semana foi a quenda do Fútbol 3×3 na Praza dos Campos. Os encontros disputáronse nas xornadas do luns, martes, mércores e onte xoves, cando tiveron lugar as semifinais e finais, ante numeroso público que se congregou no lugar para presenciar a competición.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, e a edil de Xuventude, Dolores García Caramés, presenciaron os diferentes partidos e fixeron entrega das medallas aos equipos gañadores que resultaron ser por categorías o Inter de Melón (Sub 10), Futboleros (Sub 12), Furia Negra 2.0 (Sub 15), Minamo de Kiev (Sub 17) e Celta (Senior).
Tel e como sinalou o rexedor “foron unhas Noites de Fútbol 3×3 de récord con máis de 230 participantes, e 61 equipos, do Concello de Cervo e tamén de municipios veciños da Mariña, que se deron cita na cancha provisional instalada na Praza dos Campos”.
Villares recordou que no mes de xullo foron máis de 300 os participantes dunhas Noites Alternativas adicadas ao Kaiak, ao Fútbol Praia ou ao Vollei Praia, “son cifras moi positivas que nos fan sentir satisfeitos da axenda ocio-deportiva que deseñamos para este verán e que vemos que está a motivar moito aos rapaces, que están involucrados ao 100%”.
A filosofía deste equipo de Goberno, como vimos dicindo, “pasa por promover hábitos de vida saudables e a práctica deportiva no seu conxunto, neste caso en equipo, fomentando valores como a solidariedade, o compañerismo, e favorecendo a socialización dos máis novos”.
As Noites Alternativas do mes de agosto continúan para a semana co Basket 3×3, na Praza dos Campos.























No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
