Lugo, 18 de agosto de 2017. O Goberno da Deputación aprobou este venres unha declaración institucional en repulsa dos atentados de Barcelona e Cambrils, que tiveron lugar no día de onte, e en solidariedade cos familiares e amigos das vítimas. Así o informou o Presidente Provincial, Darío Campos Conde, logo do minuto de silencio convocado polo Goberno da Deputación, que tivo lugar hoxe ás 12:00 horas na praza de San Marcos, e no que participaron Deputados do Goberno Provincial, así como autoridades, e técnicos provinciais.
Campos Conde, que destacou que a declaración foi aprobada por unanimidade pola Xunta de Goberno celebrada no día de hoxe, subliñou que “condenamos estes actos que non conducen a nada máis que a desestabilizar a democracia. Todas as persoas demócratas e que defenden a liberdade e o estado de dereito teñen que sumarse e ser solidarios con este tipo de actos. Temos que unir máis a sociedade e intentar, entre todos, que este tipo de actos non se volvan a producir”.
As bandeiras da Deputación de Lugo ondean a media asta dende hoxe venres ata as 24:00 horas do día 20 de agosto, en sinal de dor ante o atentado perpetrado. Os actos oficiais quedan suspendidos tamén ata o vindeiro luns.
A declaración institucional que o Presidente da Deputación trasladou á Xunta de Goberno é a seguinte:
Hoxe é un día triste. Un día no que os dereitos e as liberdades das persoas vense coartadas polos actos detestables dun puñado de fanáticos que, amparándose nunha relixión e facendo unha libre interpretación das ensinanzas da mesma, actúan sanguinariamente contra aqueles que non pensan ou obran como eles.
Onte tivo lugar un atentado terrorista en Barcelona, en plena Rambla, a unha hora de máxima afluencia. As consecuencias ata o momento son nefastas con 13 persoas falecidas e case un centenar de feridos segundo os datos facilitados polas autoridades. E hoxe, de madrugada, tivo lugar en Cambrils outro ataque no que resultaron feridas outras 6 persoas.
O terrorismo é unha ameaza e todos debemos loitar contra ela axuntando esforzos. Desgraciadamente, neste país sabemos o que é o terrorismo de primeira man, pero este tipo de terrorismo yihadista atenta contra os cidadáns no mais profundo, intentando crear confusión e infundir medo; tratando de coartar as nosas decisións e establecendo un ambiente de pánico globalizado, xa que non se limitan a actuar nunha parte do mundo, senón que as súas barbaries teñen lugar en calquera lugar e en calquera momento.
Non hai xustificación para esta barbarie. Non existe relixión, fe ou crenza que a ampare. Simplemente son actos de persoas deshumanizadas e fanáticas de si mesmas e do poder que o terror que provocan infunde nos demais.
Por todo isto CONDENAMOS o atentado terrorista de Barcelona, así como o resto dos atentados cometidos ata o momento, e alentamos as nosas Forzas de Seguridade a que sigan facendo a súa labor protexendo aos cidadáns ante semellantes criminais e defendendo os nosos dereitos e liberdades.
Dende esta Deputación queremos expresar tamén o noso sentimento de dor ante o brutal atentado e dar o noso mais sentido pesar aos familiares e achegados dos falecidos así como desexar unha pronta recuperación dos feridos.























O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



