Lugo, 1 de agosto de 2017. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, inaugurou este martes a nova mostra que o Goberno da Deputación leva ao Museo Provincial durante todo o mes de agosto baixo o título de Percorridos pola colección numismática. Moeda das Idades Moderna e Contemporánea. Mediante este proxecto preténdese facer un percorrido pola colección numismática do Museo da capital luguesa dividíndoa en dous grandes bloques: moeda hispánica e moeda estranxeira.
García Porto subliñou que “o monetario do Museo Provincial de Lugo supera as 8.000 pezas, sen contar as 459 medallas. E dado que na exposición permanente só se amosa unha pequena parte, con estas exposicións temporais a base de textos explicativos, gráficos, debuxos e fotografías preténdese achegar esta colección ao público, así como contribuír ao coñecemento da ciencia numismática”.
A exposición que hoxe se inaugurou constitúe a segunda parte do estudo e revisión diacrónico da moeda hispánica. Primeiro expúxose a moeda dende o século III a.C. ata a o século XV, achegando información e imaxes das pezas indíxenas, romanas e medievais ata os Reis Católicos incluíndo as hisponomusulmás e outras moedas senlleiras da época.
E, nesta segunda parte, expóñense as moedas modernas e contemporáneas que establecen un marco cronolóxico dende o S. XVI ata a actualidade. A moeda estranxeira formaría parte da derradeira actuación, é fundamentalmente contemporánea e abrangue países de tódolos continentes.
A mostra permanecerá aberta ao público durante todo o mes de agosto, con entrada gratuíta, en horario de luns a venres: 9:00 a 21:00 horas, os sábados de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas, e os domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 horas. A exposición consta de: Once lonas de 1.20 x 80 centímetros máis o póster/lona de presentación.
Obradoiro infantil
Mañá, martes, en paralelo á exposición terá lugar no Museo Provincial de Lugo o obradoiro infantil “Acuñando, cuñando”, dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos de idade. Esta actividade xirará entorno á mostra que hoxe se inaugurou e desenvolverase entre as 11:30 e as 13:30 horas, impartida polo comisario da exposición, Enrique Alcorta.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



