En Ribadeo, a vinte e oito de agosto de 2017. Aurora González Ginzo, portavoz do Grupo Municipal Socialista,
DENUNCIA a ausencia da pediatra titular do Centro de Saúde de Ribadeo de forma ininterrompida dende o día sete de agosto ata polo menos o día 18 de setembro sen que se saiba aínda se o SERGAS vai mandar cubrir esta ausencia cun substituto ou substituta ou non, segundo a información que puidemos obter do persoal de dito centro no día de hoxe.
INFORMA de que ven de poñer unha queixa formal perante o responsable desta institución e de solicitar o nomeamento inmediato de substituto ou substituta para cubrir a ausencia da titular da praza ó mesmo tempo que insta á Dirección desta entidade a que poña fin a unha situación que se ven repetindo sen excepción dende hai anos cada vez que a Pediatra Titular fai uso dos permisos e licencias que lle corresponden.
E SOLICITA do grupo de goberno que tome as accións oportunas para facerlle chegar ó SERGAS un comunicado institucional no que se poña de manifesto o malestar da cidadanía deste concello por encontrarse unha vez mais sen atención para os nenos e nenas, que son un dos sectores mais vulnerables da poboación que nesta temporada, ademais, se ve considerablemente incrementado ó afectar non só os habitantes dos concellos de Ribadeo e Trabada, usuarios habituais do servizo, senón tamén a quen visita a zona.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



