Ribadeo, 4 de agosto de 2017. O salón de plenos do Concello acolleu esta mañá a presentación do XII Festival Internacional de Música Clásica, que terá lugar ata o 12 de agosto na localidade. A cita contará con Penderecki String Quartet, chegados desde Canadá, como artistas convidados, xunto ao pianista e fundador deste festival Leopoldo Erice e o ribadense Toni Deaño como narrador nun dos concertos.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, subliñou na súa presentación o esforzo que realiza o Concello para que este e outros eventos se leven adiante e reclamou a mesma implicación por parte doutras administracións. Na súa intervención sinalou que “en Ribadeo somos quen tanto de facer fronte tanto á música clásica como á música máis tradicional ou á tradición oral mais antiga e ás novas formas literarias que podemos coñecer ao longo do ano en diversas actividades”.
O edil nacionalista dixo que “nese sentido o Concello de Ribadeo quere manifestar unha vez máis o seu apoio a esta interesante aposta musical, facemos un enorme esforzo tanto no que se refire á axuda directa coa correspondente subvención nominativa e sobre todo con moita forza de traballo, con moito persoal disposto para que poida levarse a cabo con éxito o Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo. Entendo que ás veces pode saber a pouco o esforzo que facemos e hai que ser ambiciosos e aspirar a máis e pido que se comprenda por parte da sociedade ribadense e de todas as persoas que se acerquen de pobos veciños e que estean de visita por Ribadeo, que o esforzo que facemos desde o Concello é moi grande”. E engadiu: “e facemos unha vez máis votos para que outras administracións se sumen ao apoio a este festival, porque Ribadeo forma parte dunha provincia, que á súa vez forma parte dun país cuxas institucións deberían envorcarse tamén coas actividades que facemos aquí, porque proxectan a Ribadeo, a Lugo e a Galicia cara o mundo enteiro, grazas á cantidade de xente que nos visita no verán e que goza dos eventos culturais que desenvolvemos”.
Pola súa banda, Leopoldo Erice, subliñou a calidade de Penderecki String Quartet: “La edición número doce del Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo comienza hoy y lo hace con gran ilusión y con ganas de llenar Ribadeo de música, un año más. El cuarteto Penderecki llegará mañana. Este cuarteto de cuerda viene de Canadá, sus músicos son canadienses, americanos y polacos, y es uno de los cuartetos de más prestigio, no sólo en ese país sino en el mundo entero. Este año además el Penderecki String Quartet celebra el trigésimo aniversario de su fundación, efeméride que conmemora en una gira mundial en los meses pasados que le ha llevado por todo Canadá, Estados Unidos, Méjico, Colombia y Australia. Su próxima parada, como no podía ser de otra forma, es Ribadeo. Para el Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo es un gran honor poder contar con un cuarteto de esa calidad y estoy seguro de que el público disfrutará enormemente de los conciertos”.
O fundador do FIMCR relatou que “pasado mañana comienza el taller del festival, que consiste en unas clases magistrales dirigidas a alumnos de música y que están abiertas al público. Animamos a todos a que vengan a escucharlas. El horario es el día 6 de cuatro a siete de la tarde, el día 7 de 9 a 12 de la mañana, el día 10 de tres a seis de la tarde y el día 11 de cuatro a siete de la tarde. El taller terminará con una actuación de los alumnos, dentro del concierto de clausura del festival”.
Leopoldo Erice contou que “el día 7 comienzan los conciertos. Habrá cuatro: los días 7, 8, 10 y 12, todos ellos en el Teatro de Ribadeo a las ocho de la tarde. Los programas son enormemente variados y atractivos e incluyen grandes obras de compositores como Beethoven, Bach y Brahms, entre muchos otros. El concierto del día 10 lleva por título Sonidos, palabras, silencios … y en él contaremos con el ribadense Toni Deaño, que entre obra y obra narrará poemas escritos por poetas clásicos españoles. Las entradas para los conciertos estarán a la venta en la taquilla del Teatro de Ribadeo de seis a ocho de la tarde los días de los conciertos”.
Erice contou que “el día 9 a las doce del mediodía habrá una charla con los músicos del Penderecki String Quartet con motivo de sus 30 años. Por eso es que lo hemos llamado Feliz cumpleaños, Cuarteto Penderecki. Durante la charla interpretaremos el estreno europeo de un quinteto con piano que una compositora canadiense escribió para nosotros y del que hicimos el estreno mundial hace unas semanas en Canadá. Esta charla del día 9 es gratuita. Toda la información detallada de esta edición número 12 del Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo está en la web del festival, que es www.fimcr.com”.





















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



