Ribadeo, 8 de agosto de 2017. O concelleiro responsable da Área de Parques e Xardíns, Vicente Castro, asegura que o equipo de goberno é coñecedor do estado no que se atopan algunhas áreas recreativas de Ribadeo. O edil atribúe esta situación a varias baixas temporais que se produciron nas últimas semanas e tamén aos retrasos que acumulan as contratacións a través do Risga e do Depu Emprego. Castro subliña que no prazo duns días estes puntos estarán limpos.
O edil ribadense comentou que “na actualidade temos un déficit importante de persoal neste área debido ás baixas que se rexistraron nas últimas semanas. Estamos pendentes do Risga e do Depu Emprego, pero ambos acumulan retrasos duns dous meses nas contratacións. E mentres nós seguimos agardando. A todo isto que engadir que a climatoloxía do mes de xullo, con moito calor e moita humidade ocasionou que a herba medrase moito”.
O concelleiro de Medio Rural subliñou que “de todos os xeitos nesas áreas vaise actuar en breve. E desa información dispón o PP, eles saben que se van limpar e desbrozar e uns días antes sacan as súas críticas para así apuntarse o tanto. Iso tamén o ten que saber a xente. Eles son coñecedores dos plans do equipo de goberno e queren facerlle crer á opinión pública que grazas ás súas denuncias estamos a actuar e iso non é así e eles sábeno”.


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



