O Vicedo 7-8-17. Ainda que faltan máis de 15 días para que empecen as VII Xornadas “Memoria dun tempo”, organizadas pola asociación Nordés, e que terán lugar na casa do Concello de Mañón, en O Barqueiro.
Para este ano temos preparado un monográfico adicado á memoria das mulleres, tanto durante o franquismo, como na emigración nun tempo máis longo.
Contaremos coa presencia de figuras señeiras na investigación histórica e social desde unha perspectiva de xénero. Así, o xoves 24 intervendrán Victoria Martíns Rodríguez e Ángel Rodríguez, coa ponencia “O compromiso coa igualdade: unha visión de futuro desde a análise do pasado, e a proxección previa do seu documental “Digna Rabia”
O venres 25 tocaralle o turno a Montse Fajardo Pérez, quen forma parte do equipo redactor do programa A memoria das mulleres, promovido pola Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra. No seu marco participou no libro Do gris ao violeta. Achega á historia das mulleres pontevedresas, e é tamén autora de “Matriarcas, mulleres en pé de vida” e Un cesto de mazás. A súa charla leva o título de “A memoria das mulleres no relato da represión franquista”
O sábado 26 terá lugar a V Homenaxe a republicanos/as e libertarias/os na Ponte Vella de O Barqueiro ás 13 horas, namentras que a xornada de tarde consistirá no pase do documental de Margarida Ledo Andión “Apuntamentos para un filme”, que está composto por testemuñas de mulleres galegas emigradas a Arxentina no primeiro terzo do século XX para, a continuación, darlle a palabra a Pilar Cagiao nunha xornada que quere ser unha chamada á participación de todas aquelas mulleres da comarca que se queran achegar para falar da súa experiencia na emigración. A conferencia de Pilar Cagiao leva por título “Ser muller e ser emigrante: a experiencia das galegas en América Latina”
Para pechar as xornadas contaremos coa actuación de María Manuela e Xurxo Varela, nun recital co que Nordés quere homenaxear a tódalas artistas da canción en galego, personificadas neste caso por María Manuela, cantante cunha longa traxectoria.























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



