Burela, 19 de Setembro de 2017.- O vindeiro venres, día 22, o salón municipal de conferencias (antiga biblioteca) acollerá a partir das 20:30 horas a presentación en público da nova asociación “Burela Dinámica”. Este novo colectivo, que engloba a veciños e comerciantes da vila, ten o seu cerne na plataforma de afectados polo plan único da Avenida Arcadio Pardiñas de Burela levado a cabo polo actual goberno municipal o pasado mes de maio. Xurde principalmente polas referidas obras de asfaltado e repintado da avenida Arcadio Pardiña, e tamén polo anuncio do Sr. alcalde de peonalizar varias rúas do pobo (Eijo Garay e Pardo Bazán) sen a previa presentación dun proxecto técnico e -unha vez máis- sen falar destes proxectos con ningún sector veciñal ou comercial.
Grazas ao apoio recibido pola xente nestes catros últimos meses, os promotores desta asociación foron conscientes da necesidade de por en marcha en Burela (un dos motores económicos da Mariña e que hoxe está ferido de gravidade) un colectivo que fomente e promova a participación política e social activa nos asuntos que afectan directamente aos veciños deste concello, e non deixarse levar submisamente ante determinadas medidas.
Ademais, “Burela Dinámica” promoverá a colaboración co resto de colectivos burelaos polo ben común do municipio e incentivará aos seus socios a que formen parte da súa directiva.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



