Cervo (Lugo), 18 de setembro de 2017.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe en Cervo na presentación de Vento nas velas. Embarcacións tradicionais e cultura marítima de Galicia, a nova obra do fotógrafo Xurxo Lobato, que supón unha notable contribución á cultura mariñeira e á imprescindible divulgación deste patrimonio, un recurso que debe ser conservado, posto en valor e difundido entre galegos e viaxeiros, afirmou.
Nava Castro agradeceu ás xentes do mar o interese co que manteñen desde hai séculos un legado de embarcacións como as dornas, gamelas e traíñas, de oficios como o das redeiras, de arquitecturas como os faros ou os estaleiros de ribeira, de museos e festas do mar, todo un compendio etnográfico que dáse cita nas páxinas da publicación de Xurxo Lobato. Neste sentido, a directora invitou aos asistentes á presentación a que, despois de ler e gozar do libro, se animen a practicar o turismo mariñeiro, un eido presente na Estratexia do turismo de Galicia 2020 e que pode axudar ao desenvolvemento económico dos concellos costeiros
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



