Lugo, 27 de setembro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presentou hoxe os programas que promove Turismo de Galicia na tempada outonal co obxecto de potenciar a oferta turística na provincia de Lugo e reforzar este sector como piar fundamental da economía lucense.
En concreto o representante do Executivo galego na provincia salientou que nos vindeiros meses Lugo acollerá o desenvolvemento da 11ª edición do Outono Gastronómico e a ruta de trens turísticos Lugo Romano, dúas iniciativas que ademais contribuirán a afondar na liña de desestacionalización da demanda turística, que foi un dos retos fixados na Estratexia do turismo de Galicia 2020, o documento acordado entre a Xunta e o sector que recolle os compromisos, retos e as oportunidades neste eido
Unha vintena de casas rurais participantes
No tocante á primeira das iniciativas presentadas, o Outono Gastronómico, trátase da exitosa proposta de turismo rural que se celebra vén celebrando desde o 15 de setembro e que se desenvolverá ata o 17 de decembro na Comunidade. Unha vintena de casas rurais forman parte desta consolidada iniciativa, na que se combinan restauración e aloxamento con modalidades e prezos moi atractivos.
Balseiro explicou que os establecementos participantes ofrecerán dos menús diferentes, con produtos galegos de recoñecida calidade, deseñados especificamente para este fin. Ademais, co fin de adaptarse aos gustos e ás necesidades dos diferentes tipos de viaxeiros, propóñense as modalidades Menú Outono Gastronómico sen pernoitar, Paquete Outono Gastronómico para unha noite, Fin de semana Outono Gastronómico para dúas noites e Fin de semana familiar Outono Gastronómico para dúas noites con nenos. Todas as opcións ofértanse tanto en habitación dobre como en individual, e con tarifas que oscilan entre os 30 e os 300 euros.
O delegado destacou que esta folla de ruta está a dar os seus froitos tamén no turismo rural, pois nos sete primeiros meses deste ano medrou máis dun 7% segundo os datos do Instituto Nacional da Estatística (INE).
Galicia a todo tren
Por outra banda o delegado tamén explicou que o tren Lugo Romano sairá desde A Coruña (con achegamentos gratuítos desde Santiago de Compostela) o vindeiro sábado, 30 de setembro e o 28 de outubro, e inclúe visitas á Casa dos Mosaicos e ao Centro de Interpretación da Muralla, que é Patrimonio Mundial, ademais dunha estancia no Balneario de Lugo.
Os billetes poderán adquirirse a través da web de Renfe e nas estacións, con prezos de 40€ (adultos) e 20€ (nenos). Os interesados atoparán completa información na páxina turismo.gal
“Por primeira vez, as locomotoras non se deteñen co fin do verán, senón que seguen acesas en setembro e outubro con novos destinos e propostas co turismo urbano e de compras, a cultura e o termalismo como eixos”, explicou Balseiro
Trátase ademais da continuación dun programa que acadou unha gran acollida e valoración polo público participante como son as rutas dos trens turísticos e, de feito, así o demostran os outros dous itinerarios que percorreron a provincia de Lugo como foron a Ruta dos Faros e o Tren do Viño Ribeira Sacra que este verán esgotaron os seus billetes.
Balance da época estival
O delegado territorial rematou facendo un balance do verán indicando que, cos datos aínda por pechar, Lugo e Galicia acadaron máximos históricos de viaxeiros e, todo apunta, a que se baterá ese record.
De feito durante o verán (con datos aínda non definitivos pois o venres coñeceremos turismo rural, campings e outros establecementos distintos de hoteis) a provincia recibiu 197.402 viaxeiros, incrementáronse as pernotas nun 3,5% e o tempo medio de estancia nun 5,9% e a ocupación creceu tamén 1,23%
A maiores, con datos xa pechados da oficina de turismo que a Xunta de Galicia ten na capital da provincia. Durante este verán rexistraron un crecemento continuo e sustentable no número de visitantes. Nos tres últimos meses 6.882 persoas recibiron información nesta oficina. O perfil foi dun visitante español (90%) sobre o estranxeiro (10%), son sobre todo madrileños (23,7%), e catalás (15,3%) e Italianos (20%) e franceses (15,3%)






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



