Cervo, 28 de setembro de 2017. As Escolas Deportivas do Concello de Cervo, arrincarán o novo curso o vindeiro luns 2 de outubro; con quince modalidades deportivas diferentes.
A nova tempada foi presentada na Casa da Cultura, polo edil de Deportes, José Ramón Soto, a de Xuventude, Dolores García Caramés, e a representante de IG10 Carolina Villalba; nun acto aberto ao público pensado para resolver dúbidas, establecer horarios, e poñer en común aquelas consideracións que os usuarios estimasen oportunas.
De feito, tal e como sinalou Soto; “decidimos ampliar o prazo de inscrición porque tal e como nos comentaron algunhas familias, hai nenos interesados en configurar novos equipos en disciplinas como o voleibol, polo que daremos esa marxe para tentar formar grupo e programar así novas clases”.
En concreto, hai varios nenos e nenas interesadas en crear un equipo de voleibol na categoría Alevín; no que se encadrarían os alumnos de quinto e sexto de primaria.
O edil recordou neste senso que “o Concello de Cervo é o único que inclúe o voleibol entre os deportes que oferta; contando a día de hoxe con equipo masculino e feminino xuvenil, e outro infantil”.
As familias dos nenos interesados en formar parte dalgún equipo das diferentes disciplinas que se propoñen poden poñerse en contacto a través das redes sociais ou enviar un whatsapp ao número de teléfono 691.65.66.00.
Soto recordou que na pasada edición foron máis de 200 os usarios, entre nenos e adultos, que formaron parte das Escolas, e nesta ocasión vamos no camiño de revalidar esas cifras.
Destacou que a oferta das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Cervo ,que botaron a andar no ano 2007, pretende ser o máis ampla e diversificada posible, para que os usuarios “poidan escoller con liberdade aquel deporte ou deportes que desexen entre as múltiples actividades que ofrecemos como skate, BMX, fúbol sala, patinaxe artística, deportes de raqueta – pádel, Tenis, Ping-Pong, Bádminton -, zumba, aeróbic, voleibol, ou diversos xogos para os máis pequenos, entre outras disciplinas”.
E os adultos poden asistir a ximnasia de mantemento, pilates, aérobic e aero-zumba.
Nesta liña destacaron o compromiso do Concello de Cervo co deporte no seu conxunto “porque entendemos que é esencial para o benestar físico e emocional das persoas, en todas as facetas do vida, nas idades temperás, pero tamén nas máis maduras; polo que traballamos para facer unha proposta deportiva ambiciosa e o máis atractiva posible”, cremos neste senso –engadiron- “que imos humildemente no bo camiño porque vemos como ano tras ano o proxecto inicial medra e evoluciona grazas a implicación de todos”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
