O socio de acollida deste programa europeo é a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, que preside o ribandense Álvaro Doural. Tras a xornada matinal de traballo e o xantar os asistentes están a facer unha visita polo casco antigo de Ribadeo e irán tamén á praia das Catedrais. Este venres, desenvolverase unha nova xornada de traballo e avaliación final do proxecto no que levan traballando desde o ano 2015 e analizarán a solicitude dun novo en 2018. Pola tarde ás 20 horas terá lugar unha presentación do devandito programa a outras entidades da Mariña luguesa. Os asistentes a este encontro visitarán o sábado as localidades de Barreiros e Mondoñedo. Pola noite terá lugar unha cea de despedida e o domingo finalizará a súa estadía en Ribadeo co retorno aos seus países de orixe.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



