Cantaba Cecilia, aló polo ano 1975, nos últimos coletazos do franquismo institucional, no seu albume de estudio “Un ramito de violetas”, canción que encubría unha crítica soterrada á situación socio-política do momento.
De feito o propio tema foi obxecto de censura polas autoridades da época de forma que o estribillo orixinal rezaba: “esta España viva, esta España muerta.”
Hoxe en día, parte inescindible do imaxinario colectivo cultural vinculado á transición, o referido estribillo agocha tras de si unha metáfora que ben poidera simbolizar o que foi todo o proceso: unha violenta realidade, unha narrativa edulcorada.
Estes días, co país en vilo inmerso en pleno proceso catalán, semella de inexcusable obriga volver a repasar a Cecilia e o legado da Constitución do 78.
“España es una y no cincuenta y una”, aquel vello dito que representaba a grandeza do modelo nacional-católico-centralista, espello da épica do seu tempo e, sen embargo, diametralmente oposto á relidade.
E é que, xa dende os reis católicos, foise construindo imperio pero non se fixo nación. Así España é un estado vello e unha nación nova que xorde moito máis tarde coa invasión francesa. Pola contra, nas rexións históricas existía unha identidade nacional que viña de moi antigo.
Pero para aterrar na Catalunya do noso tempo habería que pasar pola España franquista onde, lonxe do estado central, os aliados do caudillo durante a guerra, a comunidade navarra, gozaba en pleno réxime de máis autonomía que calquera estado federado: tiñan as suas propias Cortes, o seu propio dereito foral e, por suposto, a súa propia fiscalidade. Nin coa represión franquista España foi unha.
Logo veu a constitución do 78 e o tratamento que se lle deu ao modelo territorial: as comunidades autónomas entran pola vía do Título VIII na constitución e Navarra faino a través da disposición adicional primeira, creada “ad hoc” para respetar os seus privilexios.
Logo, Españas houbo moitas e, sempre, funcionando a dúas velocidades.
Iso explicaba claramente que, históricamente, o centralismo español non tivera dificultades á hora de facer negocios cos sectores burgueses cataláns, vascos ou navarros, e os partidos turnistas do estado non tiveran ningún problema á hora de gobernar cos seus respectivos partidos.
Iso tamén explica que o estado teña serias dificultades á hora de enfrontar aqueles nacionalismos respaldados por sectores populares, máxime cando os primeiros, que sempre fixeron negocios a través do mesmo, están acabando de saquealo.
Un único apuntamento: calquera estado –o español ou calquera outro-, dende unha perspectiva democrática, só pode ter lexitimidade si se basea no libre consentemento, si existe seguridade xurídica e igualdade ante a lei. Por iso precisamente a nosa realidade nacional é un disparate.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



