O Vicedo 21-9-17. Este venres 22 de setembro ás 13h na Casa da Cultura de O Vicedo será a Presentación do curso gratuito de aprendizaxe das técnicas de extracción de resina que se desenvolverá nos fines de semana do 29 de setembro ao 15 de outubro no Vicedo. Asistirán a esta presentación o Alcalde Presidente do Vicedo, D. José Jesús Novo Martínez, o encargado da Omix, D.José Antonio Quelle Gómez, a representante dos propietarios dos montes onde se impartirán as prácticas do curso, Dª Ana Hermida Lage e os encargados de impartir o curso. D. Raúl Vilela Darriba e D, Francisco José Domínguez Cerviño.
Este curso gratuito está subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través das axudas ás Oficinas Municipais de Información Xuvenil.
O Vicedo conta con monte que alberga grandes oportunidades de aproveitamentos forestais. A existencia de superficies arbóreas de diferentes características dota a este concello de múltiples alternativas a desenvolver, chegando consigo oportunidades laborais que poden executar o veciños da zona.
Integrar as novas tecnoloxías ás prácticas tradicionais no monte, segue a ser un problema que en numerosas ocasións dificulta a creación das novas actividades laborais. A explicación dos procedementos básicos en aplicacións e programas informáticos é un importante achegamento ás integración da xente no rural mediante a creación de postos de traballo ligado ó sector forestal.
Este proxecto xorde da necesidade de mellora económica dos sistemas forestais, na procura de novas alternativas de aproveitamentos que axuden a potenciar o traballo entre a xuventude e fomentar as actividades respectuosas co medio ambiente.
Aparición de xente nova en estado de desemprego solicitando formación, no so a nivel teórico, de novas posibilidades no mundo rural. Unha mostra do mesmo viuse representada na última charla pública “Xornadas forestais” realizada no concello de O Vicedo a data de 18 de marzo de 2017, na que se ofrecían diferentes alternativas de aproveitamentos no monte galego mediante unha exposición divulgativa do estado económico e ambiental da zona.
OBXECTIVO
O obxectivo deste curso é dotar ós participantes dos coñecementos básicos necesarios para comezar una nova actividade laboral no sector forestal. Con isto, o método de traballo consistirá en facilitar unha información mínima ós docentes sobre os procesos de aproveitamentos ligados á sustentabilidade, de xeito que poidan avanzar e desenrolar a súas propias ideas.
Dentro de este marco tan amplo, centrarémonos na explicación dos diferentes procesos e labores necesarias para chegar a ser un resineiro profesional. Os alumnos adquirirán os seguintes coñecementos:
Pasos para comezar como emprendedor.
Localizar aproveitamentos resineiros potenciais.
Estados das masas forestais e protección do medio.
Métodos de obtención de resina.
Ferramentas informáticas de libre acceso para xestionar un aproveitamento.
Contacto con empresas e profesionais do sector.
Información sobre os contidos do curso: 610 20 70 51 (Francisco)
Inscricións e información no mail alternativasforestais@gmail.com ou no tlf 611 41 35 82 ou 610 20 70 51

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



